O Blog de Editorial Galaxia

Posts tagged xosé neira vilas

Xun 7

Xosé Neira Vilas: “Del Riego inspiroume a difundir o libro galego”

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Fdez. del Riego Blog, Revista de prensa | Deixa un comentario

Hai uns días, o Faro de Vigo publicaba unha entrevista con Xosé Neira Vilas co gallo da publicación do seu novo libro Cartas e lembranzas.Epistolario con Francisco Fernández del Riego. 1959-2007.
Na conversa, entre outras cousas, lembra como el, dende Cuba, lle enviaba obras de Sartre e Camus que a censura franquista aquí prohibía.
Podes ler a [...]

Xun 5

O epistolario entre Neira Vilas e Del Riego durante 50 anos ve a luz

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Críticas literarias, Fdez. del Riego Blog | Deixa un comentario

A xornalista Mar Mato publica hoxe no Faro de Vigo unha reportaxe arredor da publicación do libro Cartas e lembranzas, de Xosé Neira Vilas, e que recolle o epistolario que durante 50 anos mantiveron o autor de Gres e don Paco, e que retrata o traballo do Centro Galego de Bos Aires e da librería [...]

Xun 4

Cartas e lembranzas

Autor: administrador | | Tags: , , , | Categorías: Fdez. del Riego Blog, Novidades | Deixa un comentario

Editorial Galaxia publica o Epistolario de Xosé Neira Vilas con Francisco Fernández del Riego

Estes días chega ás librerías de todo o país un novo libro de Xosé Neira Vilas: ‘Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego‘.
Neste libro, o autor de Memorias dun neno labrego reúne un mangado de lembranzas sobre o seu amigo, [...]

Abr 25

Homenaxe a Neira Vilas

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Este domingo ás 17 horas e organizado polos veciños de Codeso

O autor de ‘Memorias dun neno labrego‘ segue recibindo recoñecementos por todo o país. E así, este domingo, serán os seus veciños de Codeso os que llo darán cun amplo programa de actos que se celebrará no Local Sociocultural de Codeso..
Na homenaxe [...]

Abr 25

‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun Neno Labrego’ chegou a Rois

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Exposicións | Deixa un comentario

Na apertura da mostra participaron o secretario xeral, Valentín García Gómez, e mais o rexedor da localidade, Ramón Tojo Lens, acompañados por Neira Vilas.
Encontro de Neira Vilas con escolares
O auditorio do Edificio Multiúsos acolleu, logo do percorrido inaugural da mostra, un coloquio do escritor con alumnado do segundo ciclo de [...]

Abr 22

O neno labrego volve á escola

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Animación á lectura, Álbum de fotos | Deixa un comentario

Os alumnos e mestres do colexio San Xoán Bautista de Cerdedo disfrutaron hai uns días dunha visita moi especial. O escritor Xosé Neira Vilas compartiu unha xornada coa comunidade educativa do centro, que quixo homenaxear ao autor de Memorias dun neno labrego.
Así o contou, e fotografou, o Faro de Vigo.

Abr 10

A mostra ‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego’ chega a Palas de Rei

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Animación á lectura, Exposicións | Deixa un comentario

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou onte na Casa do Concello de Palas de Rei a mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”. A exposición chega á localidade luguesa no marco da itinerancia que está a ter nos concellos [...]

Xan 23

Encontro con Xosé Neira Vilas en Pontevedra

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Este xoves na Librería Cronopios ás 19 horas

Despois da conversa do mes pasado con Emilio Pérez Touriño, dende Onda Cero Pontevedra continúan con esta singular actividade que, desta volta, trae como protagonista ao autor do libro máis traducido da literatura galega, as ‘Memorias dun neno labrego‘ de Xosé Neira Vilas.
Como na anterior ocasión, a xornalista [...]

Dec 21

Candido Pazó e o Neno Labrego, en Brión

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

 
Mañá venres, día 21 de decembro ás 20:30 horas no Centro Social Polivalente, Cándido Pazó presenta “Memorias dun neno labrego”.
Contaremos nesta representación con Xosé Neira Vilas que asinará o seu libro a todos e a todas as que queiran achegarse a partillar a xornada con el.

Nov 9

Neira Vilas recolleu o premio Pedra do Destino

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Recoñecemento á Fundación de Gres pola dignificación da cultura galega

O pasado sábado representantes da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, que preside o historiador Felipe Senén López Gómez, desprazáronse ata Gres para facer entrega do premio a Xosé Neira Vilas.
Cada ano, o 18 de maio, o día despois das Letras Galegas e o día [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios