O Blog de Editorial Galaxia

Posts tagged lume de cobiza

Mar 2

LUME DE COBIZA en Ribadavia

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Domingo, ás 13:00 h, no IES de Ribadavia

Domingo pola mañá pode ser unha máis que boa hora para escoitar falar de libros, de detectives, e dunha das novelas de máis éxito dos últimos anos no noso sistema literario e da que vimos de tirar a segunda edición.
Así, o escritor Miguel Anxo Fernández [...]

Xan 19

Para falar de LUME DE COBIZA

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Venres 20 de xaneiro, ás 10:00 h, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra

O escritor Miguel Anxo Fernández terá un encontro cos alumnos de Comunicación Audiovisual de Pontevedra para falarlles da súa novela Lume de cobiza. Unha boa ocasión para parolar co autor dun dos grandes éxitos da tempada literaria.

Xan 10

‘Lume de cobiza’ no Sete Vidas de xaneiro

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Hoxe celébrase a sesión de xaneiro do club Sete Vidas centrada na lectura da novela Lume de cobiza do escritor galego Miguel Anxo Fernández. A cita será a partir das 20.00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.
O autor da novela, Miguel Anxo Fernández, achegarase á biblioteca a partir das 21:00 horas para falar cos lectores [...]

Dec 29

Fotogalería da conversa entre Miguel Anxo Fernández e Ángel de la Cruz

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Álbum de fotos | Deixa un comentario

Hai uns días celebrouse na Galería Sargadelos de Ourense arredor de Lume de cobiza, a novela de Miguel Anxo Fernández. A conversa foi entre el e Ángel de la Cruz, o director de cine que levará o libro á gran pantalla. Como moderador actuou o xornalista Xosé Manoel Rodríguez.

Dec 19

Lume de cobiza

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 
Mañá martes o escritor Miguel Anxo Fernández terá un encontro cos alumnos de galego de Publicidade na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra para falarlles da súa novela Lume de cobiza.

Dec 16

Frank Soutelo xoga na casa (ou O vicio de ler)

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
Así titula Lorena Domínguez Mallo a súa crítica da novela Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicada no soportal LG3, do Consello da Cultura Galega.
Velaquí a podedes ler.

Dec 14

Presentación de LUME DE COBIZA en Ourense

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Xoves ás 20:30 h na Galería Sargadelos

Siguen as roldas de presentacións arredor do libro de Miguel Anxo Fernández, ‘Lume de cobiza’. Desta volta será en Ourense e baixo da forma de conversa entre Ángel de la Cruz (director de cine, 2 premios Goya) e o propio Miguel Anxo Fernández.
O encargado de moderar o debate será [...]

Nov 11

Sinatura de Miguel Anxo Fernández en Compostela

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Hoxe venres, ás 19:30 h, na librería de El Corte Inglés de Santiago de Compostela

O escritor Miguel Anxo Fernández asinará exemplares da súa última novela, a exitosa Lume de cobiza, e do resto da súa obra.
Con este motivo La Voz de Galicia, edición Santiago, publica hoxe esta entrevista con el.

Nov 4

Nova edición de LUME DE COBIZA nas librerías

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Desde a súa saída a finais de abril, a cuarta entrega das aventuras do sabuxo Frank Soutelo alcanza a 3ª edición

Que o sabuxo norteamericano de pais galegos, Frank Soutelo, goza da simpatía dos lectores galegos, confírmase coa aparición da 3ª edición da novela LUME DE COBIZA, a cuarta entrega das súas peripecias, nesta ocasión ambientada [...]

Out 10

Frank Soutelo por terras galegas

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
Así titula o crítico literario Armando Requeixo o seu comentario sobre a novela Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández.
Podédelo ler, no seu blog Criticalia, premendo aquí.

A opinión de

    Santiago Fernandez Rocha

    19/12/14

    Santiago Fernandez Rocha
    Carta aos avós

    Sentidos avós:

    Nestes tempos de incertidume e desesperanza que voltan ateigados de mentiras e inxustizas, quero escribirvos esta carta para vós, os avós da Terra. Aqueles que vivistes na extrema dificultade e aínda así, fostes o noso exemplo de vida pola vosa humilde humanidade e o enorme esforzo que fixestes por sacar adiante o futuro dos máis novos, sen rexeitar, endexamais, o voso compromiso solidario para que ninguén da veciñanza se sentira marxinado. Pero grazas tamén, avós, por preservar no fondal da vosa alma a herdanza de Breogán, facendo que en moitos de nós, prenderan novos sonos de alborada.

    Xa que logo, escribo para os que dende a inocencia da inconsciencia seguistes, naquel mundo encallecido, sendo fieis á memoria da Terra-nai, herdanza dos antergos, que coa mesma humilde humanidade que vós atesourastes, vos aprenderon a aloumiñar un longo tempo embravecido para que moitos de nós poidamos seguir vendo vagalumes de esperanza entre tantos irmáns que camiñan sen memoria.

    Grazas tamén, por encher de humanidade o noso adentro, e permitirnos deste modo, poder disfrutar coa luz do día das cores outonizas que seguen a tinguir a paisaxe desta terra e ademais tamén, aínda poder lembrar nas nosas meixelas, xa curtidas polo tempo, os aloumiños das vosas mans encallecidas por un traballo arreo sen compensa, e poder seguir lembrando en cada intre dos nosos días de tristura, o sorriso que agromaba do fondal das vosas facianas enrugadas por aquel tempo aferrollado, pero sempre humanizadas pola lene luz que dá a tenrura.

    Grazas, en definitiva, por enseñarnos, a pesar das duras circunstancias, a sentir a Terra-nai e o latexar da humanidade.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Ramón Rozas

Olympia Ring, 1934

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios