O Blog de Editorial Galaxia

Posts tagged futuro imperfecto

Xun 22

‘Futuro imperfecto’ de Xulia Alonso, premio Frei Martín Sarmiento

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Escollida como mellor obra polos escolares de Galicia

Onte fallouse, na súa categoría máis alta, o Premio Frei Martín Sarmiento, un galardón que recoñece as mellores obras publicadas durante os dous anos anteriores a xuízo dos escolares galegos. Xa que logo, un galardón de gran altura porque significa o refrendo da calidade por parte de lectores [...]

Mar 23

«Este libro é absolutamente real, un anaco da miña vida»

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

 
Velaí a frase de Xulia Alonso escollida por La Voz de Galicia para a reportaxe que hoxe publican arredor da entrega dos Premios San Clemente e nos que a autora foi distinguida polo seu Futuro Imperfecto.
Podes ler o texto completo aquí.

Xan 27

Fotogalería de Xulia Alonso nas Tertulias Literarias de Ourense

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Álbum de fotos | Deixa un comentario

O departamento de Educación do Concello de Ourense organiza unhas Tertulias Literarias nas que participan seis institutos da cidade e que gravitan arredor de certos libros escollidos.

Un deles foi Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz. Onte, a autora mantivo un encontro cos escolares da cidade.

Out 11

Xulia Alonso inaugurou a tempada do Club de Lectura Sete Vidas

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

O pasado martes 4 de outubro o club de lectura Sete Vidas recibiu a visita da escritora Xulia Alonso, cuxa novela Futuro imperfecto espertou o interese dun gran número de lectores e lectoras que se achegaron á biblioteca de Gondomar para conversar arredor do libro coa súa autora.
Podes ler a crónica completa do acto aquí.

Out 3

FUTURO IMPERFECTO no club de lectura Sete Vidas

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 
A cita de outubro do club de lectura Sete Vidas, organizado por Espazo Lectura, vai xirar arredor do libro Futuro imperfecto, coa presenza da autora, Xulia Alonso Díaz. Será mañá mártes 4 de outubro, ás 20:00 h, na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Set 19

Galaxia suma seis candidaturas ao Frei Martín Sarmiento

Autor: administrador | | Tags: , , , , , , , , , , , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Galardón entregado polos escolares de Galicia

O pasado venres déronse a coñecer as obras finalistas da VIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento, un dos máis interesantes galardóns do país, na medida en que a votación final dirímese coa participación de milleiros de escolares galegos.
Editorial Galaxia suma seis candidaturas en distintas categorías.
Así, no apartado de 5º [...]

Xull 8

Xulia Alonso na Feira do Libro de Vigo

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 Onte Xulia Alonso Díaz visitou a Feira do Libro de Vigo onde tivo ocasión de coñecer a algúns dos seus lectores e asinarlles o seu FUTURO IMPERFECTO.

Xull 6

Sinatura de Xulia Alonso

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Xoves ás 20 h, na Feira do Libro de Vigo

Xulia Alonso Díaz asinará exemplares do seu libro Futuro imperfecto. Esta obra, que saíu do prelo hai algo menos dun ano, está a colleitar un grande éxito tanto de público, como de crítica e recoñecementos.

Xun 22

Entrevista a Xulia Alonso

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Entrevistas | 1 Comentario

Conversamos con ela despois de gañar o Premio San Clemente co seu primeiro libro, ‘Futuro imperfecto‘

- FUTURO IMPERFECTO acaba de gañar do Premio San Clemente, un dos máis destacados de Galicia por ser concedido por rapaces, alumnos de varios institutos. ¿Que significa para ti este premio?
Este premio é especialmente emocionante para min porque o dan [...]

Xun 21

Premio San Clemente para FUTURO IMPERFECTO

Autor: administrador2 | | Tags: , , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Concedido por alumnos e alumnas de institutos galegosO primeiro libro de Xulia Alonso Díaz, ‘Futuro imperfecto’, resultou gañador da XVII edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente en lingua galega. Os outros finalistas foran ‘Denso recendo a salgado’, de Manuel Portas, e ‘Cabalo de ouros’, de Víctor F. Freixanes.
En castelán a novela gañadora foi [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios