O Blog de Editorial Galaxia

Posts tagged fundación penzol

Xun 8

Fernández Albor, Del Riego e a Penzol

Autor: Malores Villanueva | | Tags: , , | Categorías: Fdez. del Riego Blog | Deixa un comentario

Na fin de semana pasada, no xornal compostelán El Correo Gallego, Xerardo Fernández Albor, o primeiro presidente da Xunta de Galicia e padroeiro fundacional e vitalicio da Fundación Penzol, escribía na súa sección “Comentarios y recuerdos” un artigo sobre esta última e o seu director, Francisco Fernández del Riego, con motivo dos 50 anos [...]

Xun 5

Visita de dous centros escolares á Casa Galega da Cultura

Autor: Malores Villanueva | | Tags: , , , , | Categorías: Fdez. del Riego Blog, Xeral | Deixa un comentario

Hai dúas semanas dous grupos de estudantes procedentes dos centros educativos Montemogos, de Bueu, e mais Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco, realizaron unha visita á Biblioteca e Colección de Arte de Francisco Fernández del Riego e mais á Penzol, sitas na Casa Galega da Cultura de Vigo.
A Fundación sempre agradece, e moito, as visitas [...]

Mai 24

Unha placa para unha dobre celebración

Autor: Malores Villanueva | | Tags: , , , , , , | Categorías: Fdez. del Riego Blog | Deixa un comentario

Tal como xa adiantamos neste blog e recolleu a prensa local, o Faro de Vigo, La Voz de Galicia e Atlántico Diario, na tardiña do pasado 21 de maio foi descuberta na fachada da Casa Galega da Cultura de Vigo que dá á Praza da Constitución unha placa Conmemorativa dos 50 anos da Fundación [...]

Mai 20

Coa Fundación Penzol ao fondo

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Así titulou o crítico literario Manuel Rodríguez Alonso un seu comentario, no seu blogue, arredor do novo número da revista GRIAL que adicamos á Fundación Penzol no seu medio século de existencia.
Podes ler o seu comentario aquí.

Mai 18

Descuberta dunha placa conmemorativa na Casa Galega da Cultura de Vigo en honra á Fundación Penzol

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Fdez. del Riego Blog | Deixa un comentario

Co gallo do medio século de existencia da Fundación e do Centenario de Francisco Fernández del Riego

Se hai algo máis dunha semana a Fundación Penzol recibía o Maio de Cor de mans dos veciños e veciñas do Casco Vello de Vigo, desta volta é o Concello da cidade olívica quen rende homenaxe [...]

Mai 12

A Fundación Penzol recibiu o Maio de Cor de Vigo

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Fdez. del Riego Blog, Xeral | Deixa un comentario

Este domingo durante a celebración dos Maios

Como todos os anos, a Asociación de Veciños do Casco Vello celebrou a representación, con música e dramatización incluída, concertos, obradoiros e pasarrúas, dos Maios. E como todos os anos, aproveitou para distinguir a asociacións e persoas do barrio que destacasen por algunha cuestión en [...]

Mai 10

40 anos da Biblioteca Penzol

Autor: Malores Villanueva | | Tags: , , | Categorías: Fdez. del Riego Blog | Deixa un comentario

Así titulaba un artigo, que hoxe queremos rescatar, escrito pola sabia e experta man de quen daquela era o seu director, Francisco Fernández del Riego, aparecido na sección “De cotío”, do Suplemento Culturas de La Voz de Galicia no 2003, cando se cumprían 40 anos da súa inauguración. Está ilustrado polo noso recoñecido debuxante e [...]

Mai 10

Entrega do Maio de Cor á Fundación Penzol

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Recoñecemento da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo

Este está a ser un ano importante para a Fundación Penzol. No ano do seu medio século de existencia, recibe recoñecementos en todo o país e, nomeadamente, na cidade de Vigo, onde sempre estivo a súa sede dende hai 50 anos.
E así, desgta volta, será a [...]

Mai 3

Un gran centro de cultura superior para Galicia

Autor: Malores Villanueva | | Tags: , , | Categorías: Fdez. del Riego Blog, Revista de prensa | Deixa un comentario

O pasado venres 26, dentro dos actos que están tendo lugar co gallo da conmemoración este ano do Cincuentenario da Biblioteca da Fundación Penzol, inaugurouse na Casa Galega da Cultura de Vigo a mostra “Fermín Penzol. Unha obra para un país” que permanecerá aberta ao longo de todo o mes de maio. Tal acontecemento xa [...]

Abr 30

Rolda de vellos amigos (VII)

Autor: Malores Villanueva | | Tags: , , , | Categorías: Fdez. del Riego Blog, Xeral | Deixa un comentario

Hoxe, 30 de abril, cúmprese medio século dende que nos deixou Vicente Risco. Del Riego descubriu primeiro ó ensaísta, cando en Madrid puxeron nas súas mans a Teoría do nacionalismo galego que, como el conta, supuxo “unha auténtica revelación e determinou o meu compromiso coa ideoloxía galeguista”. Despois viría o Risco mestre, co que coincidiu [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios