O Blog de Editorial Galaxia

Posts tagged fernando díaz-castroverde

Feb 9

Relatos lóstrego

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
Velaí o título escollido polo crítico literario Francisco Martínez Bouzas para o seu comentario, no Faro da Cultura de hoxe, do libro de Fernando Díaz-Castroverde, Microbios e outros paquidermos, que recibiu o Premio de Narrativa Breve Repsol 2011.
Podes descargalo, en formato PDF aquí.

Xan 30

MICROBIOS E OUTROS PAQUIDERMOS no blogue de Ramón Nicolás

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
O crítico Ramón Nicolás publica un texto crítico arredor do libro Microbios e outros paquidermos de Fernando Díaz-Castroverde.
Podes lelo aquí.

Xan 18

Colección de microrrelatos

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
Así titula Manuel Rodríguez Alonso a crítica do libro Microbios e outros paquidermos, de Fernando Díaz-Castroverde, obra que obtivo o Premio de Narrativa Breve Repsol 2011.
Podédela ler aquí, no seu blog Bouvard e Pécuchet.

Dec 20

“Microbios e outros paquidermos”, as minificcións de Fernando Díaz-Castroverde

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
No blog do crítico Francisco Martínez Bouzas atopamos esta recensión do libro de Fernando Díaz-Castroverde, Microbios e outros paquidermos, Premio Repsol 2011.
Podes lela aquí.

Nov 29

Entrega do Premio Repsol 2011

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Hoxe ás 20:00 h, na Fundación Paideia Galiza

Hoxe martes, na Fundación Paideia Galiza, na Praza María Pita, 17 da Coruña, Fernando Díaz-Castroverde recibirá o seu merecido galardón por este libro que reúne máis dun cento de relatos-lóstrego nos que se reflicte a fascinación do autor por procurar un máximo efecto a partir dunha estrutura fugaz [...]

Nov 28

Entrega do Premio Repsol 2011

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Martes ás 20:00 h, na Fundación Paideia Galiza

Fernando Díaz-Castroverde foi o gañador coa súa obra Microbios e outros paquidermos. Mañá martes, na Fundación Paideia Galiza, na Praza María Pita, 17 da Coruña, recibirá o seu merecido galardón por este libro que reúne máis dun cento de relatos-lóstrego nos que se reflicte a fascinación do autor [...]

Set 19

‘Sempre sentín fascinación polas estruturas fugaces’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Entrevistas | Deixa un comentario

Entrevista con Fernando Díaz-Castroverde, Premio Repsol 2011

A semana pasada abríase a plica que recoñecía como gañador do premio Repsol de Narrativa Breve a Fernando Díaz-Castroverde pola súa obra ‘Microbios e outros paquidermos’.
Con el mantivemos unha animada conversa que reproducimos aquí.
-Vostede era coñecido como poeta e esta obra será o seu debut na narrativa. Como é [...]

Set 16

Fernando Díaz-Castroverde gaña o Premio Repsol

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Pola súa obra “Microbios e outros paquidermos”, que Galaxia publicará no vindeiro mes de novembro

Onte na refinería de Repsol da Coruña fíxose público o fallo do V Premio de Narrativa Breve Repsol. O acto estivo presidido por César Gallo Erena, Vicepresidente da Fundación Repsol; Anxo M. Lorenzo Suárez, Secretario Xeral de Política Lingüística; así como [...]

Set 16

O premio Repsol na prensa galega

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Onte fallouse o Premio Repsol que Galaxia publicará, como é tradición, no vindeiro mes de novembro e que nesta edición recaeu en Fernando Díaz-Castroverde pola súa obra ‘Microbios e outros paquidermos’.
A prensa galega faise eco da nova. Así, en La Voz de Galicia atopamos unha entrevista co gañador.

A opinión de

    Santiago Fernandez Rocha

    19/12/14

    Santiago Fernandez Rocha
    Carta aos avós

    Sentidos avós:

    Nestes tempos de incertidume e desesperanza que voltan ateigados de mentiras e inxustizas, quero escribirvos esta carta para vós, os avós da Terra. Aqueles que vivistes na extrema dificultade e aínda así, fostes o noso exemplo de vida pola vosa humilde humanidade e o enorme esforzo que fixestes por sacar adiante o futuro dos máis novos, sen rexeitar, endexamais, o voso compromiso solidario para que ninguén da veciñanza se sentira marxinado. Pero grazas tamén, avós, por preservar no fondal da vosa alma a herdanza de Breogán, facendo que en moitos de nós, prenderan novos sonos de alborada.

    Xa que logo, escribo para os que dende a inocencia da inconsciencia seguistes, naquel mundo encallecido, sendo fieis á memoria da Terra-nai, herdanza dos antergos, que coa mesma humilde humanidade que vós atesourastes, vos aprenderon a aloumiñar un longo tempo embravecido para que moitos de nós poidamos seguir vendo vagalumes de esperanza entre tantos irmáns que camiñan sen memoria.

    Grazas tamén, por encher de humanidade o noso adentro, e permitirnos deste modo, poder disfrutar coa luz do día das cores outonizas que seguen a tinguir a paisaxe desta terra e ademais tamén, aínda poder lembrar nas nosas meixelas, xa curtidas polo tempo, os aloumiños das vosas mans encallecidas por un traballo arreo sen compensa, e poder seguir lembrando en cada intre dos nosos días de tristura, o sorriso que agromaba do fondal das vosas facianas enrugadas por aquel tempo aferrollado, pero sempre humanizadas pola lene luz que dá a tenrura.

    Grazas, en definitiva, por enseñarnos, a pesar das duras circunstancias, a sentir a Terra-nai e o latexar da humanidade.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Ramón Rozas

Olympia Ring, 1934

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios