O Blog de Editorial Galaxia

Posts tagged a praia dos afogados

Abr 17

Comezan os Roteiros de ‘A praia dos afogados’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Participan máis de 1000 rapaces de ensino medio nesta actividade organizada por Galaxia

Hoxe dan comezo os Roteiros que a nosa editorial organizou arredor da novela de Domingo Villar, ‘A praia dos afogados‘. En termos xerais, van participar nesta actividade que vai permitir coñecer os escenarios onde se desenvolve a novela, algo máis [...]

Feb 9

Décima edición para ‘Ollos de auga’

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

A primeira historia do inspector Leo Caldas bate marcas de lectores

O ano comezaba coa chegada ás librerías da décima edición de ‘Ollos de auga’, a primeira das obras protagonizadas polo xa máis que famoso inspector Leo Caldas, nacido da imaxinación do escritor vigués Domingo Villar. Dende o momento primeiro da súa saída, [...]

Xan 20

A PRAIA DOS AFOGADOS na gran pantalla

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Soledad Antón anuncia hoxe na súa “Mirilla” de La Voz de Galicia que probablemente antes de fin de ano se poderá disfrutar da versión cinematográfica de A praia dos afogados, de Domingo Villar.
Velaquí podedes ler o seu artigo.

Mai 23

Dobre recoñecemento para Domingo Villar

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Premio Frei Martín Sarmiento e finalista do Dagger Prize británico 2011

Esta fin de semana foi especialmente feliz para o escritor Domingo Villar e concretamente para a súa novela ‘A praia dos afogados‘. O venres recibía o Premio Frei Martín Sarmiento, un galardón que outorgan os escolares de Galicia, neste caso na categoría de adultos, ao [...]

Abr 13

‘A praia dos afogados’ en inglés. Ecos na prensa galega

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Hoxe a prensa galega faise eco da edición en inglés do libro de Domingo Villar, ‘A praia dos afogados‘.
O xornal Galicia Hoxe confirma a Villar como ‘o primeiro best-seller que escribe en galego’. Xornal de Galicia, pola súa banda, enmarca esta tradución no marco doutras moitas que na lingua saxona xa se poden ler de [...]

Abr 8

“A praia dos afogados” en inglés

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 
Uns poucos días despois de contar aquí que as dúas novelas de Domingo Villar van ser editadas en sueco, hoxe damos a boa nova de que A praia dos afogados xa está publicada en inglés pola editorial Abacus.
Así nolo conta Xesús Fraga en La Voz de Galicia.

Mar 31

Leo Caldas en sueco

Autor: administrador2 | | Tags: , , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 
A editorial sueca Ekholm & Tegebjer publicará as dúas novelas de Domingo Villar, Ollos de auga e A praia dos afogados.
Así o contan no portal de Xornal.com.

Mar 8

A televisión visita a taberna de Leo Caldas

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 
Hoxe, dentro da programación de V Televisión, as e os telespectadores poderán asistir a unha televisiva visita ao Eligio, a taberna que frecuenta o detective creado por Domingo Villar, Leo Caldas, nos seus Ollos de auga e A praia dos afogados.
Para todas e todos os amantes da saga creada polo vigués, velaquí outra maneira máis [...]

Mar 2

Quinta edición para ‘A praia dos afogados’

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Novidades | 1 Comentario

A novela de Domingo Villar supera os 26.000 exemplares vendidos

Estes días está a chegar ás librerías de todo o país a quinta edición de ‘A praia dos afogados’, a segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, creado polo escritor Domingo Villar.
A novela está a colleitar, pois, un éxito impresionante entre o público lector galego. E non [...]

Out 29

Libros predilectos polos máis novos e novas

Autor: administrador | | Tags: , , , , , , , , , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Cinco libros de Galaxia, entre os finalistas do Frei Martín Sarmiento

Será en Abril, durante a celebración da Festa da lingua, cando se saberá quen son os gañadores este ano nas distintas categorías do prestixioso premio Frei Martín Sarmiento, un bonito galardón organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas e no que rematan participando [...]

A opinión de

    Francisco Castro

    14/11/14

    Francisco Castro
    Na estrea d’A esmorga

    O sábado 15 de novembro foi un día grande para a nosa cultura. Estreouse, no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense, a película, dirixida por Ignacio Vilar, A ESMORGA. Baseada na obra de Eduardo Blanco Amor, é unha coprodución de Vía Láctea Filmes e Editorial Galaxia. Para nós, é a culminación dun soño que vén de moi atrás. Un proxecto no que houbo que investir horas e horas de traballo, e, sobre todo, toneladas de entusiasmo.

    Os afortunados que tivemos a sorte de xa ver a película que o 15 de decembro se estrea oficilamente, somos moi conscientes de que, alén o simbólico do título e do heroico que sempre resulta que unha película en galego vexa a luz, estamos, primeiro de todo, diante dunha grandísima fita. Ignacio Vilar soubo comandar un trío de actores (Antonio Durán “Morris”, Karra Elejalde e Miguel de Lira) que ao pouco de empezar xa consiguen o que poucos grandes son quen de conseguir: que nos esquezamos deles para empezar a ver ao Bocas, Milhomes, Cibrán. O mesmo acontece co resto dos personaxes: a Raxada, Socorrito, Nonó, a viguesa…e Ourense, un dos grandes personaxes da película, xa veredes.

    Porque a película, si, é Ourense. Mais é tamén o fatum tráxico do que falaban os gregos, e é unha música minimalista e poderosa, e é unha ambientación, e é un pesadelo etílico, e é, sobre todo, un resume absoluto de toda a traxedia que ás veces atropela á xente aínda que a xente non queira. Todo iso que está na novela de Eduardo Blanco Amor. Todo iso que Cibrán lle conta a un xuíz ausente e xa sabemos que dende o primeiro instante, vingativo.

    A película botou a andar. Dende a Editorial Galaxia estamos sumamente orgullosos do resultado final. Agora toca, como acontece con calquera outra produción cultural, escoitar a voz crítica do público. Non imos caer no discurso doado de que hai que ir ás salas porque é unha película galega feita en galego e todo iso. Diremos que hai que ir vela porque é unha grandísima película, rodada sen complexos, tremendamente ambiciosa, cuns actores estupendos, cun guión magnífico e cunha feitura final á altura das grandes producións que, dende sempre, estamos acostumados a ver na gran pantalla.

    Estamos certos de que a don Eduardo había gustarlle esta película.

    Xa contaredes cando a vexades.

    Para min é, primeiro de todo, unha historia de miradas.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Antón Riveiro Coello

A maleta de Victoria Kent

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios