O Blog de Editorial Galaxia
Mar 15

Presentado o libro-álbum dixital ‘Area fai seis’

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Novidades |

Unha produción de Editorial Galaxia

Onte en Compostela, e dentro dos actos do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, presentouse en Área Central, onde o Instituto Galego de Consumo montou varios stands, un libro-álbum dixital, producido por Editorial Galaxia, que leva por título ‘Area fai seis’ e que está integrado dentro do proxecto educativo ‘Dálle a volta’.
‘Area fai seis’ é un libro dixital, accesible dende a web de Consumo en breve, escrito por Araceli Gonda e ilustrado por María Noel Toledo. Desenvolvido tecnoloxicamente por Moonbite, a confección do proxecto, a súa guionización e interactividade correu a cargo de Editorial Galaxia.
Nesta historia, cóntasenos a frustración de Area ao saber que vai cumprir seis anos e que non vai ir ao Centro Comercial nin aos pallasos nin vai recibir agasallos (porque así o pediron o pai e a nai) dos amigos. En realidade, vai recibir un agasallo moito máis importante.
O conto, totalmente interactivo con sons, animacións e outro tipo de efectos, foi ilustrado utilizando plastilina nun complexo traballo técnico. Por iso, a aplicación complétase cun apartado titulado ‘Como se fixo’ no que os lectores e lectoras poderán acceder, a través dunha importante galería de fotos, ao entramado íntimo do proceso de produción editorial.
‘Area fai seis’ intégrase no proxecto ‘Dálle a volta’ que contempla tamén a posibilidade de descarga do documento elaborado por Ánxeles Abelleira, e titulado ‘Proxecto de educación para o consumo en educación infantil’ e que vai constituirse nunha ferramenta teórica e referencial para levar a cabo os obxectivos da educación do consumidor desde as primeiras etapas de Educación Infantil.
O libro será publicado proximamente, tamén en papel e en formato álbum pola nosa editorial.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un X despois 5 a continuacion un V a continuacion un V despois e

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios