O Blog de Editorial Galaxia
Xan 5

Contos para ler e escoitar

Autor: administrador | | Tags: , , , | Categorías: Novidades |

Boa acollida para os ‘Audiocontos Galaxia’

Os sete cabuxos, Branca de neve e os sete ananos, O galo Quirico e Os catro amigos son os catro primeiros títulos escollidos pola nosa editorial para presentar a colección ‘Audiocontos’ que hai unhas semanas chegaron ás librerías de toda Galicia. Presentados no seu día na feira Achegarte, están a ter moi boa acollida nas tendas galegas. Dende esta mesma web podes ver o video promocional que a Editorial Galaxia elaborou para a ocasión.

Os audiocontos son unha fermosa proposta que conxuga a literatura de sempre cunhas versións dramatizadas, en CD, a cargo de dúas coñecidas voces da dobraxe galega (Teresa Santamaría e Paco Barreiro), baixo da dirección de Tero Rodríguez.

Estes primeiros audiocontos permitirán, sen dúbida, achegar as historias que coñecemos de toda a vida doutra maneira aos máis pequechos da casa. Non se tratan de simples narracións, senón dunha proposta artística diferente e ao mesmo tempo complementaria ao libro. Os efectos de son, as músicas escollidas e a interpretación, fan destes audiocontos un produto novidoso que ensaiamos agora en galego.
Ademais, os CDs ábrense e péchanse cunhas animadas cancións que serven de pórtico e epílogo perfecto a unha das cousas máis marabillosas que hai: que alguén nos conte un conto.

2 Respostas de “Contos para ler e escoitar”

  1. 1
    Bernabé Castedo:

    Falando do camiño e de contos, podíase engadir como tal este que percorre o vieiro do apóstolo con dous persoeiros moi a maneira da nosa terra Xaquín Das Canipas mailo rato falante Pelicas ¿que se atreve a lelo?

  2. 2
    Bernabé castedo:

    Mientras puedes kleerlo en castellano

    http://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/escritor/-eladio-bernabe-fdz-r-castedo

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un u o seguinte e un v agora 9 o seguinte e un K o seguinte e un 1 despois c

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios