Un domingo na feira
Autor: administrador2 | | Tags: víctor f. freixanes; cabalo de ouros; aid; rapoemas | Categorías: Xeral |
O pasado domingo foi un día cheo de xente e actividades na Feira do Libro da Coruña que ten lugar, como cada ano, do 1 ao 10 de agosto, nos Xardíns de Méndez Núñez. Por parte de Galaxia a xornada estivo protagonizada por Víctor F. Freixanes, que asinou exemplares da súa última novela, CABALO DE OUROS, e a rapeira Aid, qe presentou o libro-disco RAPOEMAS, no que versiona aos clásicos da literatura galega a ritmo de rap.




