O Blog de Editorial Galaxia
Ago 3

Ler no verán. Pensar no verán

Autor: administrador | | Categorías: Animación á lectura |

O verán tamén pode ser momento para lecturas máis profundas

Cando principian as vacacións, adoitan aparecer en distintos e moi diversos foros, recomendacións literarias de cara a encetar o tempo de calor cun libro nas mans. E iso está moi ben.
Mais, polo xeral, adóitase, dende as revistas literarias aos suplementos dos xornais, enfocar esta cuestión apostando por lecturas lixeiras e de corte evasivo. O cal está moi ben pero non ten por que ser sempre así.
Porque o feito de que teñamos máis tempo para nós, que haxa máis vagar, pode ser tamén a excusa perfecta para enfrontarnos a esas lecturas que requiren máis concentración, máis dedicación e, en definitiva, unha lectura máis atenta.
Así, é moita a xente que confesa que é pola época estival cando len ensaios e se enfrontan a esas temáticas que na vida laboral diaria, co ruxeruxe propio da cotidianeidade, se volven imposibles.
Así que leamos (tamén) no verán. Profundos ou lixeiros.
Mais leamos.
E en galego.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un S o seguinte e un T agora un f agora un 7 a continuacion un 5 despois pon a  e

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios