O Blog de Editorial Galaxia
Xull 13

Rosalía de Castro, a ritmos novos

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral |

Este domingo celébranse actos en todo o país en homenaxe á escritora
Un 15 de xullo do ano 1885 finaba en Padrón Rosalía de Castro. E como todos os 15 de xullo, celebraranse por toda a xeografía galega actos de lembranza e homenaxe á nai fundacional da nosa literatura moderna. Unha figura, a de Rosalía de Castro, máis grande e máis mítica a cada ano que pasa.
Este ano foi unha xeira especialmente intensa en actividade rosaliana ao cumprirse 175 anos do seu nacemento. O que vén non o será menos, pois chegará o 150 aniversario de ‘Cantares Gallegos’, a obra coa que se iniciaba o Rexurdimento.
Daquela, o 2013 vai ser prolífico tamén en actos e publicacións de todo tipo, efeméride á que a nosa editorial non vai ser allea.
Mais mentres, neste 2012 que camiña dubidoso cara un verán que non chega, publicamos hai pouco, ‘Rapoemas’, da rapeira Aid, un libro-disco no que os clásicos da literatura nosa soan a ritmo de rap e no que Rosalía de Castro ocupa a metade da escolla de temas.
Como sinala Aid, o tipo de composición de Rosalía de Castro, así como a súa forza -especialmente visible en temas como ‘A xustiza pola man’- fan da súa lírica material perfecto para o rapeo,
Rosalía sempre.
Con ritmos novos, sempre.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un E a continuacion un b a continuacion un y agora un f agora un n

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios