O Blog de Editorial Galaxia
Xun 29

Homenaxe nacional a Agustín Fernández Paz

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral |

Este sábado en Vigo

A plataforma cidadá ProLingua organiza este sábado a Homenaxe Nacional que se lle renderá ao escritor Agustín Fernández Paz en Vigo.
O acto, que será conducido por Rosa Aneiros, terá lugar ás 12:30 horas na Sala Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 26). A seguir haberá un xantar programado para as 15:00 h no Restaurante Carrís de Vigo (Avda. Beiramar, 57).
Unha boa ocasión para homenaxear a un dos nosos autores de Literatura Infantil e Xuvenil, escritor sen o cal é imposible entender a auxe que a nosa LIX conseguiu nas últimas décadas.
Para a volta do verán, Galaxia porá nas librerías unha nova versión, ampliada, do libro de Agustín Fernández Paz, ‘Zeralda e o dragón’ que xa vira a luz hai décadas na extinta colección Chalupa.

1 Resposta de “Homenaxe nacional a Agustín Fernández Paz”

  1. 1
    Marité Arias Abelleira:

    Agustín , noraboa pola homenaxe do sábado. Unha aperta

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un M o seguinte e un 1 o seguinte e un l despois pon a  1 despois P o seguinte e un a

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios