O Blog de Editorial Galaxia
Abr 20

Fallado o premio INSPIRACIENCIA

Autor: administrador | | Categorías: Premios |

Editorial Galaxia participa na organización e puideron participar orixinais en galego por vez primeira

Xa se coñecen os gañadores nas distintas categorías do II Concurso de relatos de inspiración científica INSPIRACIENCIA e no que, por vez primeira, tamén puideron participar relatos en galegos pois Editorial Galaxia se incorporou este ano á organización.
Así pois, no que se refire á nosa lingua,o xurado decidiu conceder o primeiro premio da modalidade Relato corto, categoría Adulto, ao relato titulado “Crecer”, dou autor Martín Pérez e mencionar como finalista ao relato “Alea iacta est”, de autor Pedro Antonio Labraña.
O primeiro premio da modalidade Microrrelato, categoría Adulto, foi para o relato titulado “Uchronia Labs”, de Enrique Neira. Mencionouse como finalista ao relato “Microscópico!”, de autor André Ventas.
Na modalidade de Relato corto, categoría Xuvenil, o relato titulado “Carta de Nikola Tesla a Thomas Edison”, de David Novo foi o gañador, e recibiu unha mención como finalista o relato “Un día diferente”, de Andrea González.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un Z despois pon a  1 agora C despois z o seguinte e un 2 agora un 4 agora un n

A opinión de

    Ramón Rozas

    31/03/14

    Ramón Rozas
    Preguntas e respostas

    O mundo do ano 1963 era ben diferente ao noso. A partir desta obviedade si que hai algunha cuestión na que merece a pena deterse. E esta non é outra que o desexo do ser humano de mirar cara si mesmo, e de facelo a través de todo aquilo que nos poida explicar como especie, como membros dunha comunidade, cos nosos acertos e os nosos erros. Naquel mundo en branco e negro de 1963, aínda negrísimo para esta terra, naceu un facho de esperanza e un contedor de preguntas e respostas. O home sen preguntas é ben pouca cousa, e aínda o é menos sen esas respostas, ou cando menos sen a esperanza de acadalas.

    Ese facho chamouse Grial, unha especie de caliz da inmortalidade que é a que sempre permite o intentar entenderse a un mesmo. Xa van cincuenta anos daquel primeiro número e se algo sabemos tras tantos exemplares na rúa é que a necesidade de preguntas e respostas segue sendo a mesma. De aí a vixencia dunha publicación que non elude a memoria, mergúllase no presente e devece por que o futuro emerxa cada vez máis limpo para todos nós, os verdadeiros protagonistas dunhas páxinas que aínda alumean con forza malia as tempestades. E mentres haxa lume abofé teremos preguntas e respostas.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Malós Cabrera

Maternosofía

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios