O Blog de Editorial Galaxia
Abr 18

Presentouse UN POZO MOI FONDO en Vigo

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Novidades |

Seguiu un animado coloquio con preguntas ao doutor especialista en trastornos da conduta alimentaria

Onte, na Casa do Libro de Vigo, o doutor José Luis Iglesias Diz presentou, na compaña do editor Francisco Castro, o seu libro ‘Un pozo moi fondo‘. Anorexia, bulimia e outros trastornos da conduta alimentaria’. Ao remate do mesmo, desenvolveuse un animado coloquio no que o público asistente puido facer preguntas directamente ao doutor sobre a enfermidade, os seus síntomas, tratamento e evolución.


Durante a presentación e no coloquio falouse da presión que a muller recibe, dende moi nena, sobre o seu corpo para someterse á tiranía da delgadez, a necesidade de entender este tipo de trastornos como o que realmente son, é dicir, enfermidades, e sobre a necesaria implicación de pais, docentes e medios de comunicación na súa prevención.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un y despois pon a  A a continuacion un 3 a continuacion un y despois f despois pon a  m o seguinte e un 9

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios