O Blog de Editorial Galaxia
Set 7

Galaxia publicará en outubro ‘1Q84 Libro 3′, de Haruki Murakami

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades |

A comezos do mes de outubro estará nas librerías a tradución galega da terceira e última parte de 1Q84. Na mesma data, publicaranse tamén as edicións inglesa e castelá.

Logo da publicación dos Libros 1 e 2 en febreiro pasado, moi ben recibidos entre as lectoras e os lectores galegos e con excelentes críticas no noso país, volven Aomame e Tengo, desta vez na compaña do detective Ushikawa. Haruki Murakami continúa a historia de Aomame, que, despois de asasinar o líder da seita Vangarda, refúxiase nun apartamento agochado mentres conserva a esperanza de reencontrarse con Tengo, o outro protagonista da novela. A narración desenvólvese á vez en dous mundos imbricados, o de 1984 e o de 1Q84 —en xaponés, Q e 9 pronúncianse do mesmo xeito—, un universo singular, de noites iluminadas por dúas lúas, que absorve e imita a realidade, que a fai súa.

Con motivo da recente publicación de 1Q84 Libros 1 e 2, a novelista Amélie Nothomb, autora de Un nome de dicionario (Galaxia, 2003), escribe no xornal Le Monde:

“Haruki Murakami crea universos dos que unha queda prsioneira. A simplicidade do seu estilo ou, máis ben, do seu método desconcerta: descríbeo todo, preferentemente o que non é interesante. Faino cunha distancia fenomenolóxica tan respectuosa e tan escrupulosa que, en troques de amolar ou facer rir, engaiola. O autor convida dese xeito a que os lectores poñan toda a súa atención nos elementos máis pequenos da narración para que cada un deles xogue o papel de interface. Pois o miolo da literatura de Murakami é ese: establecer conexións entre o noso mundo e outro universo que non sabemos exactamente cal é mais do que si sabemos o que é. [...] Outra volta, o encantamento funciona: quedamos absortos nunha lectura que ten un aquel de manga e de ucronía mais tamén, e sobre todo, quedamos engaiolados por unha atmosfera que só pertence a Haruki Murakami.”
Pódese ler o resto do artigo nesta ligazón.

1 Resposta de “Galaxia publicará en outubro ‘1Q84 Libro 3′, de Haruki Murakami”

  1. 1
    Metalbyte:

    Cunde moito!!!
    Xa teño ganas de telo para devoralo!

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un M agora un 4 agora N agora un X despois M

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios