O Blog de Editorial Galaxia
Xull 1

Brasil no centro

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades |

Un texto singular e sorprendente de Xavier Rodríguez Baixeras

Volve á actualidade literaria un dos nosos poetas máis importantes. Con Brasil no centro, Xavier Rodríguez Baixeras convirte en material literario as súas vivenzas iniciadas en Salvador de Baía, cidade visitada por primeira vez no 2006 e que vai deixarlle unha pegada esencial para sempre.
Estamos diante dun diario, en prosa, dun autor que ten declarado moitas veces que toda a súa vida está marcada polas viaxes. E falando delas e sobre este libro, nunha entrevista recente en ‘El País’ apuntaba: “Trátase dun libro en prosa con formato de diario nas pasaxes ambientadas en Galicia e en partes de España, con apariencia autobiográfica, e estampas bahianas de todo tipo, paisaxes, costumes, gastronomía, un home que lle fala a un galo… Están escritas coa inocencia da primeira impresión, canda recén chegado. Neste caso, o máis interesante é a lingua, sentir o galego, porque qué podo dicir eu de Brasil”.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un T despois C a continuacion un A agora 8 a continuacion un n agora E

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios