O Blog de Editorial Galaxia

Agosto, 2012

Ago 21

Aid na Feira da Coruña

Autor: administrador | | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

O poeta Alfredo Ferreiro achéganos este video de Aid, na Feira da Coruña de hai unhas semanas, onde presentou o seu Rapoemas.
Rosalía e os grandes clásicos a ritmo de rap.

Ago 14

Que é mellor, o libro ou a película?

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

Así titula Isabel Soto a súa reseña crítica arredor de Dúas Letras, o libro-DVD de Fina Casalderrey e Eloy Varela que vimos de publicar recentemente.
O seu texto, en LG3, podes lelo aquí.

Ago 13

Profeta na terra

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

Gustavo Hervella García titulou así o seu comentario crítico, en LG3, arredor do libro de Xosé Ramón Barreiro Fernández, Murguía, unha obra coa que iniciamos a colección de Grandes Biografías e na que o expresidente da Real Academia Galega se ocupa en profundidade da vida e da obra de quen foi, tamén, primeiro presidente desa [...]

Ago 10

“Verde oliva” na Feira da Coruña

Autor: administrador | | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Xavier Alcalá presentou a súa última novela

Os primeiros días da revolución cubana e a ditadura de Batista como pano de fondo. Mariana, unha activista contra o ditador, filla de galegos, desencantada despois coa revolución de Fidel e os irmáns Castro. O mundo dos galegos emigrados. A sociedade cubana e habanera nos anos [...]

Ago 8

Un domingo na feira

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

O pasado domingo foi un día cheo de xente e actividades na Feira do Libro da Coruña que ten lugar, como cada ano, do 1 ao 10 de agosto, nos Xardíns de Méndez Núñez. Por parte de Galaxia a xornada estivo protagonizada por Víctor F. Freixanes, que asinou exemplares da súa última novela, CABALO DE [...]

Ago 8

Presentación de VERDE OLIVA, a nova novela de Xavier Alcalá

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Hoxe mércores, ás 20 h, na Feira do Libro da Coruña
Tati Mancebo, Vicente Araguas e Víctor F. Freixanes acompañarán a Xavier Alcalá na presentación da súa última novela, Verde oliva, a historia dunha axente secreta galega durante a revolución cubana.
A heroína de Verde oliva puido nacer en Cuba e criarse alí, desde sempre no ambiente [...]

Ago 8

Galaxia na Feira da Coruña

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Este martes dous autores do catálogo de Editorial Galaxia foron protagonistas dunha fermosa xornada na Feira do Libro da Coruña. Xosé Ramón Barreiro Fernández asinou exemplares da súa monumental e xa imprescindible biografía sobre MURGUÍA. Outra figura fundamental das nosas letras é Xosé Neira Vilas, quen presentou a súa nova novela, ESPERANDO O LEITEIRO, nun [...]

Ago 7

Actos de Galaxia hoxe na Feira da Coruña

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Barreiro Fernández asinará a súa biografía de ‘Murguía’ e Neira Vilas presenta a novela ‘Esperando o leiteiro’

Dúas novidades de Galaxia serán as protagonistas da xornada deste martes na Feira do Libro da Coruña. Por unha banda, o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández estará a partir das 19:30 h asinando exemplares do seu último libro, a [...]

Ago 6

Ramón Nicolás escribe sobre TINTA

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
O crítico literario Ramón Nicolás escribe no seu blog Caderno da crítica sobre Tinta, de Inma López Silva, un volume que vén de ser publicado por Galaxia e recolle os seus relatos dos últimos dez anos.
Podedes ler o seu comentario aquí.

Ago 3

Galaxia na Feira da Coruña (fotogalería)

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Álbum de fotos | Deixa un comentario

Onte o escritor Antonio Piñeiro estivo asinando exemplares do seu libro As fiandeiras. Por outra banda, Anxo Pintos e Guillerme Fernández, dous dos compoñentes de Berrogüetto mantiveron un coloqui co editor do libro Berrogüetto. O pulso da terra que recolle a biografía oficial da formación folk.
Facendo clic na imaxe verás un álbum de fotos dun [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios