O Blog de Editorial Galaxia

Xullo, 2012

Xull 31

Presentación de O PEIZOQUE ROQUE

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Mércores ás 19 h, na Feira do Libro da Coruña

Este mércores, coa participación da autora, Dores Tembrás, e o ilustrador, Xosé Tomás, acompañados polo editor e escritor Francisco Castro, presentaremos, dentro do marco da Feira do Libro da Coruña, o libro ‘O peizoque Roque’, un fermoso álbum que vimos de publicar na nosa colección Os [...]

Xull 31

Álbum de fotos da gravación de ‘Bicos de música’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Álbum de fotos | Deixa un comentario

Como fomos informando estes días, Mamá Cabra ultimou a semana pasada a gravación do DVD que acompañará o seu novo traballo, que publicaremos á volta do verán, ‘Bicos de música’.
Se fas clic sobre a imaxe, verás un curioso álbum de fotos que reflicte bastante ben o ambiente divertido que existiu durante os días de traballo [...]

Xull 30

O libro do mes

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Editorial Galaxia dará de balde, cada mes, as primeiras páxinas das súas novidades

Dende hoxe, a web de Editorial Galaxia ofrece unha nova sección na súa web, titulada O LIBRO DO MES. Premendo nela, os e as internautas poderán descargar de balde algunhas páxinas das novidades que a nosa editorial irá publicando.
Comeza esta sección co primeiro [...]

Xull 30

Rematou a gravación de Bicos de Música

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

O novo libro-disco-DVD de Mamá Cabra, na súa recta final

Como levamos días comentando, as semana pasada foi especialmente intensa tanto para Mamá Cabra, como para os amigos de Pórtico Audivisuales e os traballadores da Editorial Galaxia, pois estivemos centrados, na Casa Grande do Bachao, en distintos lugares do Concello de Teo e de Santiago, na [...]

Xull 27

Por que fracasou a reforma do estatuto?

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Leiceaga analiza o autogoberno

Un libro do deputado e profesor de Económicas Xoaquín Fernández Leiceaga que ten intención de ser, en primeiro lugar, unha crónica do interregno progresista nun longo ciclo de dominio conservador en Galicia. Interregno caracterizado pola colaboración entre as grandes forzas políticas progresistas (PSdeG-PSOE e BNG), que efectúan un esforzo, insuficiente pero real, [...]

Xull 27

Últimos días do Outlet do Libro Galego en Pontevedra

Autor: administrador | | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Libros, jazz, contacontos, conferencias e maxia ata o 29 de xullo

Un completísimo programa que podes descargar aquí, conforma o segundo Outlet do Libro Galego que terá lugar ata o día 29 de xullo en Pontevedra. A iniciativa encrávase dentro da estratexia de promoción e visibilidade dos libros galegos, consistente na organización de espazos singulares de venda de [...]

Xull 26

VERDE OLIVA

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Xa en librerías a nova novela de Xavier Alcalá

Xavier Alcalá conta na súa nova novela as aventuras e desventuras de Mariana, a galega enguedellada nunha revolución mítica contra o tirano que sometera a illa de Cuba. Velaquí Verde oliva, a historia desta filla de galego e crioula que se integra nunha rede secreta de axentes [...]

Xull 26

Mamá Cabra ultima o seu novo traballo

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Animación á lectura, Novidades | Deixa un comentario

O grupo dedica esta semana á gravación do DVD ‘Bicos de música’ que verá a luz, canda o libro e o disco, á volta do verán

O calor, impertinente, impenitente, ás veces cruel, pero sempre cómplice, non evitou onte que os compoñentes do grupo de música infantil Mamá Cabra, máis o coro, se entregasen durante a [...]

Xull 24

‘Dúas letras’, de Fina Casalderrey e Eloy Varela (no blogue de Ramón Nicolás)

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
No blogue de Ramón Nicolás atopamos unha entusiasta crítica arredor do libro-dvd de Fina Casalderrey e Eloy Varela. Outro comentario positivo para un libro, e unha película, que están a conseguir o parabén unánime de público e crítica.
Podes lela aquí.

Xull 24

Casares

Autor: Vítor Vaqueiro | | Categorías: Artigos de autor | Deixa un comentario

De maneira convincente —e convencida— Carlos Casares estaba certo que algún día os humanos desfrutarían do don da inmortalidade. Aquela hipótese (probabelmente a que eu máis desexo) soaba aos meus ouvidos, nas mañás da xa desaparecida cafetaría Alameda, como un enunciado procedente de Macondo ou, se caíse nas mans de Cunqueiro, dun relato pertencente a [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios