O Blog de Editorial Galaxia

Xuño, 2012

Xun 29

A nosa caseta na Feira do Libro de Vigo

Autor: administrador | | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Este ano a Editorial Galaxia ten caseta propia nas feiras do libro.
Aquí deixamos unhas imaxes da de Vigo, engalanada con carteis e material en vinilo arredor da nosa colección de Audiocontos e o libro sobre Berrogüetto.

Xun 29

Galletas e libros na Feira de Vigo

Autor: administrador | | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Na caseta de Galaxia, os que merquen os nosos libros levarán galletas caseiras como agasallo

Para todas aquelas amigas e amigos que estes días da Feira do Libro de Vigo pasedes polo noso stand, temos preparadas galletas caseiras, decoradas dun xeito moi literario, que vos serán agasalladas coas vosas compras.
Empezaremos a dalas o sábado á mañá!!!
Nunca a [...]

Xun 29

Homenaxe nacional a Agustín Fernández Paz

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral | 1 Comentario

Este sábado en Vigo

A plataforma cidadá ProLingua organiza este sábado a Homenaxe Nacional que se lle renderá ao escritor Agustín Fernández Paz en Vigo.
O acto, que será conducido por Rosa Aneiros, terá lugar ás 12:30 horas na Sala Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 26). A seguir haberá un xantar programado para as [...]

Xun 29

Novidades editoriais en El País

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
Como cada mes, a crítica literaria Dolores Vilavedra, reseña en El País as principais novidades literarias dos últimos tempos, moitas delas saídas do prelo da nosa editorial.
Podes lelo aquí.

Xun 29

Valentín Paz-Andrade, o avogado completo

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Hoxe, nas páxinas de Opinión do Faro de Vigo, o avogado José Luis Rodríguez Paz-Andrade, asina un artigo arredor da figura, que el tan ben coñeceu, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, Valentín Paz-Andrade.
Podes lelo aquí.

Xun 29

Todo o amor que cabe en ‘Dúas Letras’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

O Diario de Pontevedra dedicoulle tres páxinas á presentación do libro, que inclúe a película de Eloy Varela sobre guión de Fina Casalderrey, Dúas Letras, e que presentamos o pasado martes no Salón Teatro de Compostela con grande éxito de público.
Deixámosvos aquí o documento en PDF.

Xun 28

Carta a Antón Beiras

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Para ler, Premios | Deixa un comentario

Texto da intervención da Antía Cal no acto de entrega do Premio Trasalba na casa grande de Cimadevila (Amoeiro) o pasado 24 de xuño
 A profesora Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923), a quen a Fundación Otero Pedrayo outorgou este ano o Premio Trasalba fixo unha vibrante intervención na casa grande de Cimadevila, diante de case [...]

Xun 28

A palabra preside a mesa

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Carlos Freire asina hoxe no Faro da Cultura unha páxina completa na que fala de distintos libros que toman a cuestión gastronómica como tema central.
Entre outros ocúpase, como non, de Cunqueiro, “para quen a alimentación era cuestión de fantasía” e de Benigno Campos e os seus libros de cociña.
Podes descargar o texto completo, en formato PDF aquí.

Xun 28

Dende o cabo do mundo

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

Así titula o crítico literario Armando Requeixo hoxe un traballo no Faro da Cultura arredor do libro de Santiago Lamas, Fisterras atlánticas.
Entre outras cousas, destaca a amenidade na exposición conseguida polo autor.
Podes descargar a crítica, en formato PDF aquí.

Xun 28

Xosé Neira Vilas inaugura a Feira do Libro de Vigo

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Este venres en Vigo, tamén asinará as súas obras

Este venres comeza a Feira do Libro de Vigo, no que a nosa editorial vai ter un protagonismo moi especial, comezando polo pregoeiro, Xosé Neira Vilas, quen, ademais, asinará as súas obras a partir das 20.30, é dicir, xusto despois da lectura do pregón inaugural.
Estamos certos de [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios