O Blog de Editorial Galaxia

Maio, 2012

Mai 31

Convocado o Premio de Narrativa Breve Repsol

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Premios | Deixa un comentario

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, convoca a sexta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol, cuxa obra gañadora será publicada por Editorial Galaxia.
 
O prazo de envío de orixinais remata o 20 de xullo de 2012. Podedes consultar as bases completas aquí.

Mai 31

Galaxia habilita unha Aula Virtual para complementar o ensino da lingua e literatura galegas

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Na referencial revista sobre TIC que é Código Cero, fanse eco da Aula Virtual da Editorial Galaxia que estes días estamos a presentar.
Podes ler a nova completa aquí.

Mai 31

Venres de presentacións

Autor: administrador | | Tags: , , , , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Begoña Caamaño e Manrique Fernández presentan os seus novos libros

Este venres será especialmente activo no que a presentacións de libros se refire. Por unha banda, en Compostela, ás 20:15 h, na librería Lila de Lilith, a escritora Begoña Caamaño presentará ‘Morgana en Esmelle’. Estará acompañada pola profesora e crítica María Xesús Nogueira, a cantante Guadi [...]

Mai 31

Fina Casalderrey e Francisco Castro falan no Zigzag de O NENO CAN

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario


Mai 31

‘2044′, suxestivo título da esperanza para o futuro

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
Así titula Isabel Mociño, especialista en literatura de Ficción Científica, o seu comentario arredor da novela de Eduardo Santiago, ‘2044′, en El Correo Gallego, que publicamos hai pouco en Costa Oeste e que está recibindo o apoio unánime da crítica.
Podes descargar o texto completo, en formato PDF aquí.

Mai 31

As Laranxas seguen a dar zume!!!!

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Carlos Casares Blog | Deixa un comentario

O grupo de teatro do Instituto de Ensino Secundario Carlos Casares, de Vigo, vén de celebrar o Día das Letras Galegas coa representación da obra de Carlos Casares, As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (24 e 25 de maio) ante os alumnos e alumnas do centro e doutros próximos que tamén asistiron.
Deste xeito réndese [...]

Mai 30

O mundo futuro de Eduardo Santiago

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

No blog Galicia Confidencial atopamos esta excelente crítica de Armando Requeixo sobre a novela 2044, de Eduardo Santiago.
Velaquí a podedes ler.

Mai 30

O NENO CAN e O SABRE DO FRANCÉS

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Mañá se presentan, en Pontevedra e O Carballiño

Rematamos o mes de maio coa presentación mañá xoves de dúas novidades de Galaxia que xa se atopan nas librerías do país.
A Galería Sargadelos de Pontevedra acolle a partir das 20:00 horas a presentación de O NENO CAN, libro a favor de UNICEF escrito a catro mans por [...]

Mai 30

Rogelio Groba volve a Porriño

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

 
Así titulan no Faro de Vigo un artigo anunciando a presentación este venres día 1 de xuño, no Círculo Recreativo Cultura do Porriño, do libro DIABOLUS IN MUSICA, CONVERSAS CON ROGELIO GROBA, de Manrique Fernández.
Podes lelo aquí.

Mai 30

2ª edición de PRISCILIANO NA CULTURA GALEGA

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 
Ven de saír do prelo a segunda edición do ensaio Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario, de Victorino Pérez Prieto. Unha edición coidadosamente corrixida e notablemente ampliada con respeito da anterior, froito do repaso do libro impreso hai agora dous anos, dos aportes de lectores minuciosos, mesmo desde Francia, e de bibliografía publicada dende entón.

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios