Semana Santa ao vivo
Autor: administrador | | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario
Facendo clic na imaxe accederedes a toda a programación do I Outlet do Libro Galego de Allariz e do que tes toda a información aquí.
Autor: administrador | | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario
Facendo clic na imaxe accederedes a toda a programación do I Outlet do Libro Galego de Allariz e do que tes toda a información aquí.
Autor: administrador2 | | Tags: antonio piñeiro; premio garcía barros, as fiandeiras | Categorías: Xeral | Deixa un comentario
A Asociación Cultural Barbantia organiza esta presentación do libro As fiandeiras, de Antonio Piñeiro, Premio García Barros 2011. Participan Carlos Lema, director de edicións de Galaxia; Xesús Laíño, presidente de Barbantia; Elvira Pisos, concelleira de cultura, e o autor, Antonio Piñeiro.
Será hoxe venres, ás 20 h, na Sala Museo Municipal de Ribeira (Rúa de Galicia, [...]
Autor: Carlos Casares | | Tags: carlos | Categorías: Artigos de autor | Deixa un comentario
O 11 de xaneiro de 2001, no seu moi popular espazo de La Voz de Galicia, Á marxe, Carlos Casares falaba dun dos autores galegos que máis teñen reivindicado a súa paixón por el. Referímonos a Antón Riveiro Coello.
Pola súa curiosidade, deixamos aquí algúns fragmentos daquela columna na que Casares apreciaba, entre outras cousas, a [...]
Autor: administrador | | Tags: francisco castro, marine lorenzo corcoba, un soño na bandexa | Categorías: Animación á lectura, Novidades | Deixa un comentario
Coincidindo co Día Mundial de Conciencación do Autismo presentaremos o luns ‘Un soño na bandexa’
O 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Segundo estudos epidemiolóxicos da Organización Mundial do Autismo, 1 de cada 150 nenas e nenos en idade escolar poderían presentar un Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), polo [...]
Autor: administrador | | Tags: a esmorga, craig patterson, eduardo blanco amor | Categorías: Novidades | Deixa un comentario
Craig Patterson traduce ao inglés A ESMORGA de Eduardo Blanco Amor
Hoxe, a editorial Planet presenta en Cardiff (Gales) a tradución ao inglés, da man de Craig Patterson, bo coñecedor da nosa literatura, de A Esmorga, a novela de Eduardo Blanco Amor e baixo do título de ON A BENDER. O libro, sen dúbida un dos [...]
Autor: administrador | | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario
Do 31 de marzo ao 8 de abril, na Praza de Abastos
O primeiro Outlet do Libro Galego de ocasión de Allariz terá lugar entre o 31 de marzo e o 8 de abril na localidade ourensá de Allariz. Colaboran no evento o Concello de Allariz, a Librería Airas das Letras e a Asociación [...]
Autor: administrador | | Tags: a esmorga, craig patterson, eduardo blanco amor, on a bender | Categorías: Novidades, Revista de prensa | Deixa un comentario
Así titula o escritor e xornalista Xesús Fraga a conversa que hoxe publica La Voz de Galicia con Craig Patterson, tradutor ao inglés da obra de Eduardo Blanco Amor, A esmorga e que hoxe se presenta en Cardiff (Gales) baixo do título de On a Bender.
Podes ler a entrevista completa aquí.
Autor: administrador | | Tags: francisco castro | Categorías: Animación á lectura, Xeral | Deixa un comentario
Domingo ás 19:00 h, na Praza de Abastos
No I Outlet do libro galego de Allariz terá lugar esta conferencia do escritor Francisco Castro titulada “Os libros da miña vida”.
Autor: administrador | | Tags: paco martín | Categorías: Premios | Deixa un comentario
Sábado ás 13 h, no Pazo da Cultura de Pontevedra
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra pecha a súa XIII edición con esta homenaxe ao escritor Paco Martín.
A homenaxe é máis que merecida a este autor que foi o primeiro en conseguir o Premio Nacional de Literatura do Ministerio de Cultura e que [...]
Autor: administrador2 | | Tags: xosé neira vilas; esperando o leiteiro | Categorías: Novidades | Deixa un comentario
A nova novela de Xosé Neira Vilas
Un dos mestres da narrativa galega contemporánea, o escritor Xosé Neira Vilas, autor de Memorias dun neno labrego, publica a súa nova novela, Esperando o leiteiro. Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século [...]

21/05/13
Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.
Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…
Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…
Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…
Lembrei a Rosalía.
Un chapeu negro e un nariz de pallaso