O Blog de Editorial Galaxia

Decembro, 2011

Dec 30

Xa á venda as camisetas de Mamá Cabra

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

A xira de concertos que o grupo Mamá Cabra está a desenvolver por todo o país da man da nosa Editorial, trae con ela unha novidade importante como é a posibilidade de, ao remate do concerto, mercar unha camiseta para que os nosos nenos e nenas poidan levalas de recordo e, ademais, fachendear guapos e [...]

Dec 30

Feliz 2012

Autor: administrador | | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

E que traia moitos libros

O tópico di que o que cómpre desexarlle a todos os amigos e amigas para o ano que está a piques de entrar é felicidade. Daquela, dende a Editorial Galaxia imos cumprir co tópico: que o ano 2012 veña cheo de felicidade, que vos chegue toda a eito, [...]

Dec 30

Mamá Cabra triunfa en Vilagarcia

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Hoxe repetirán en Cangas

Despois do éxito arrollador do martes en Vigo, no que houbo que poñer o cartel de “Non hai entradas” nos dous concertos que se celebraron na cidade olívica, e tralo éxito de onte tamén en Vilagarcía, hoxe tocarán en Cangas ás 18 horas no Auditorio.
O popular grupo musical interpretará [...]

Dec 29

Fotogalería da conversa entre Miguel Anxo Fernández e Ángel de la Cruz

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Álbum de fotos | Deixa un comentario

Hai uns días celebrouse na Galería Sargadelos de Ourense arredor de Lume de cobiza, a novela de Miguel Anxo Fernández. A conversa foi entre el e Ángel de la Cruz, o director de cine que levará o libro á gran pantalla. Como moderador actuou o xornalista Xosé Manoel Rodríguez.

Dec 29

Emigrar a Galicia

Autor: Alberto Granada | | Categorías: Artigos de autor | Deixa un comentario

A Vida é un Accidente. Así titulei a miña última serie de pinturas. Formarán parte dunha exposición en Monçao no mes de xaneiro.
E case por accidente instaleime, hai catro anos, en Galicia. Vin traballar en Mercadotecnia, que é o que alimenta o meu corpo, e deime á Pintura, porque a bebida séntame moi mal, para [...]

Dec 29

Teresa Moure gaña o premio Ramón Piñeiro 2011

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Premios | Deixa un comentario

‘Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións’ é o ensaio premiado

A escritora Teresa Moure resultou gañadora da undécima edición do Premio Ramón Piñeiro que Editorial Galaxia organiza conxuntamente coa Secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro. En total presentáronse 12 [...]

Dec 28

Éxito absoluto en Vigo dos concertos de Mamá Cabra

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Novas oportunidades para ver o espectáculo en Cangas e Vilagarcía

Onte houbo que poñer o cartel de “Non hai entradas” nos dous concertos que o popular grupo de música infantil Mamá Cabra deu en Vigo. As instalacións do Auditorio Municipal enchéronse por completo e incluso quedou xente fóra. Así que todos e todas os que quedaron [...]

Dec 28

O proxecto ‘Dálle a volta’ en Preescolar na casa

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Xeral | Comments Off

No programa da TVG ‘Preescolar na casa’ ocupáronse do proxecto desenvolvido pola Editorial Galaxia para o Instituto Galego de Consumo, ‘Dálle a volta’ no que, por unha banda, se desenvolveu, a cargo de Ánxeles Abelleira, un completo proxecto didáctico que pretende fornecer de materiais aos docentes para fomentar unha educación nun sentido crítico do consumo [...]

Dec 27

Rosendo en Sabaxáns

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Vídeo do tema de Berrogüetto presente no libro ‘O pulso da terra’
 

O libro de Fernando Neira, ‘Berrogüetto. O pulso da terra’ que conmemora os quince anos de existencia do grupo segue navegando con fortuna entre público e crítica.
Hoxe deixámosvos o vídeo de ‘Rosendo en Sabaxáns’, un dos temas incluídos no DVD que, canda o CD [...]

Dec 27

Un ollar discontínuo ao teatro de Cunqueiro

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Para ler | Deixa un comentario

Na revista Casahamlet que edita a Deputación da Coruña, e que no seu último número céntrase na figura de Álvaro Cunqueiro, atopamos un interesante traballo escrito polo músico e profesor César Morán, de quen recentemente publicamos o seu libro-disco, no que musica ao de Mondoñedo, Haberá Primavera. Catorce poemas, catorce cancións.
Podes descargar o traballo completo, [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios