O Blog de Editorial Galaxia

Novembro, 2011

Nov 30

Cea Literaria do Premio García Barros

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 
O venres, día 25 de novembro, entregouse na Estrada o Premio García Barros ao escritor Antonio Piñeiro pola súa novela As fiandeiras. Posteriormente, celebrouse unha Cea Literaria cun coloquio na sobremesa no que se debateu arredor da función do mito na literatura contemporánea e sobre a compatibilidade entre o mito clásico e a narrativa actual. [...]

Nov 30

Homenaxe a Eduardo Blanco Amor

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 
O Centro PEN de Galicia organiza esta VIII xornada de Homenaxe ao escritor Eduardo Blanco Amor que terá lugar no cemiterio de San Francisco de Ourense, ás 12:00 h. Intervirán Luís González Tosar, Bieito Iglesias e Víctor F. Freixanes.

Nov 30

Da pantalla para a páxina

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Así titulan no portal Culturagalega.org un interesante artigo sobre a adaptación literaria de formatos televisivos, exemplificados nos libros CRIATURAS e ONDE MERCAN OS LARPEIROS, que veñen de ser publicados por Galaxia.
Podedes lelo aquí.

Nov 30

Fotogalería da presentación de CRIATURAS en Ourense

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

O pasado venres tivo lugar na librería Internacional-Espacio Lector Nobel de Ourense a presentación do libro CRIATURAS, na que participou Juan Fuentes, o presentador do programa da TVG no que se basea o libro.
Velaquí vos deixamos algunhas imaxes deste acto.

Nov 30

Faladoiro “Álvaro Cunqueiro, xornalista” en Vigo

Autor: administrador | | Tags: , , , | Categorías: Xeral | 1 Comentario

Xoves ás 20 horas na Casa Galega da Cultura

O xoves día 1 de decembro ás 20 horas celebrarase na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) en Vigo o undécimo e último dos faladoiros incluídos no programa do Centenario de Álvaro Cunqueiro (1911-1981) organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG). O escritor e director [...]

Nov 30

Os tempos sen neveira de Simbad

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Animación á lectura, Exposicións | Deixa un comentario

Así titula hoxe Faro de Vigo a reportaxe sobre o encontro que onte mantivo César Cunqueiro, fillo de Álvaro Cunqueiro, cun mollo importante de escolares vigueses no marco dun encontro promovido pola nosa editorial arredor da exposición conmemorativa do centenario de Cunqueiro, No niño novo do vento que permanece aberta na Casa Galega da Cultura [...]

Nov 30

Memoria dos libros e dos vellos mestres

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Durante esta semana reproducimos aquí os artigos que foron saíndo en todos e cada un dos xornais galegos arredor da figura de Francisco Fernández del Riego no cabodano do seu pasamento.
O director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes, dedicoulle o seu en La Voz de Galicia.
Podes lelo aquí.

Nov 30

Antón Riveiro Coello: Laura no deserto 13

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Balcón de libros | Deixa un comentario

Memoria emprestada
Escribir unha novela é unha experiencia incrible. Afondas na alma das persoas e miras de lles tirar todos seus misterios e segredos para lles crear unha nova realidade. E é que a literatura lle dá á realidade cousas que esta non se pode dar, por iso gustamos da riqueza da realidade literaria, non coma [...]

Nov 29

Entrega do Premio Repsol 2011

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Hoxe ás 20:00 h, na Fundación Paideia Galiza

Hoxe martes, na Fundación Paideia Galiza, na Praza María Pita, 17 da Coruña, Fernando Díaz-Castroverde recibirá o seu merecido galardón por este libro que reúne máis dun cento de relatos-lóstrego nos que se reflicte a fascinación do autor por procurar un máximo efecto a partir dunha estrutura fugaz [...]

Nov 29

Presentación do libro BERROGÜETTO. O PULSO DA TERRA

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | 2 Comentarios

Este mércores ás 20 horas na FNAC da Coruña celebrarase a presentación na Coruña do libro escrito por Fernando Neira, ‘Berrogüetto. O pulso da terra’ e que repasa os tres lustros de existencia do grupo folk galego máis internacional.
No acto intervirán membros do grupo e o editor e escritor Francisco Castro.
Aquí deixámosvos un video da primeira [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios