O Blog de Editorial Galaxia

Setembro, 2011

Set 30

LUME DE COBIZA, libro de outubro en Redelibros

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 
A novela Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, vén de ser escollida polos lectores que participan no concurso mensual da web Redelibros, a rede social galega do libro, como Libro de Outubro.
Parabéns o autor por seguir a contar co respaldo do público e grazas polos vosos votos!

Set 30

Cando esteamos mortos

Autor: Alberto Ramos | | Categorías: Artigos de autor | Deixa un comentario

“Xa non quedan xornais que falen da nosa cultura”. Esa é a conclusión á que chegaron varios altos cargos do departamento aínda dirixido por Roberto Varela neste verán estraño. Un estío no que o sol fuxiu esquivo e o ceo puxo o seu horizonte nun inverno que ameaza con ser demasiado longo. Esa simple conclusión, [...]

Set 30

Propostas dixitais dende Galaxia

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

A editora presenta un ambicioso proxecto de futuro

Editorial Galaxia presentou nos seminarios do Cluster do Produto Gráfico Galego (Santiago de Compostela) o seu proxecto dixital e as liñas de traballo nas que traballa na actualidade. As xornadas titulábanse “Tendencias e tecnoloxías no desenvolvemento do negocio editorial”, e Anxela Chillón, responsable dos desenvolvementos de I+D+i da [...]

Set 30

No Día da Tradución

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Homenaxe a Plácido Castro

Como cada día 30 de setembro celébrase o Día da Tradución.
A Asociación de Tradutores Galegos organizou para conmemorala, na sala de conferencias de Novacaixagalicia en Vigo ás 20,00 horas, unha conferencia sobre “Plácido Castro, tradutor”, que impartirá o profesor da Universidade de Vigo, Alberte Álvarez Lugrís.
Plácido Castro foi un dos grandes pioneiros [...]

Set 30

Cunqueiro e os autores actuais

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Na segunda xornada do Congreso sobre Cunqueiro organizado polo Consello da Cultura Galega, o escritor Xosé María Ávarez Cáccamo pasou revista á influenza que o autor de Mondoñedo exerceu sobre os poetas posteriores.
O Faro de Vigo ofrécenos unha crónica completa que podedes ler aquí.

Set 30

Antía Cal, Chairega de Honra

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Sábado 1 de outubro, ás 12:00 h, na Casa da Cultura de Vilalba

A Asociación Cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María organizan este acto no que se nomeará a Antía Cal “Chairega de Honra”.
No acto intervirán: Avelino Pousa Antelo, Xosé Neira Vilas, Carmiña de Soutomaior, Xosé Manuel Beiras e María Xosé Lamas. Actuará como moderador David Otero.
Está [...]

Set 29

Fotogalería da presentación da revista GRIAL 190

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Velaquí vos deixamos algunhas imaxes da presentación, que tivo lugar na Fundación Barrié, do último número da revista GRIAL, “A investigación en valor. Diálogos 01″, na que participaron Ana J. Varela, voceira da Asociación de Bolseiros da Fundación, Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Antonio García, un dos coordinadores do número e de Diálogos 01, e [...]

Set 29

Fresco e alegre

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

Segundo a escritora e crítica literaria Laura Caveiro, esas son dúas palabras para definir o traballo de Yolanda Castaño e Andrea Costas á fronte de Cociñando ao pé da letra.
Podes ler o comentario completo, publicado hoxe no Faro da Cultura, aquí.

Set 29

Profundo e lúcido

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
Estas son dúas das características que a crítica literaria Dorinda Castro Soliño atopa como méritos no libro de Arturo Casas, Alusión e que hoxe publica no Faro da Cultura.
Podes ler o comentario completo, en formato PDF, aquí.

Set 29

Do divino e do humano

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

Así titula o poeta Román Raña o seu comentario no Faro da Cultura arredor do novo libro de Xabier Rodríguez Baixeras, Brasil no centro.
Entre outras cousas, destaca a habilidade do autor para transmitir, nunha prosa que cualifica de “brillante”, as paisaxes emocionais.
Podes descargarte o documento completo, en formato PDF aquí.

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios