O Blog de Editorial Galaxia

Xullo, 2011

Xull 29

Entrevista a Xavier Queipo

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

 
Esta semana podiamos ler na edición galega de El Mundo esta entrevista de Montse Dopico a Xavier Queipo con motivo da publicación en Galaxia da nova edición, revisada e ampliada de Ártico (Premio da Crítica Española en 1991), agora co título de Ártico 2.0.
Velaquí a podedes ler.

Xull 29

A investigación en Galicia

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Novo número da revista GRIAL (190)

Investigación, Coñecemento, Tecnoloxía son factores fundamentais para o futuro de calquera sociedade. Compoñentes básicos de calquera cultura moderna. O número 190 da revista GRIAL aborda unha das cuestións que consideramos decisivas para calquera planteamento que se faga de futuro en Galicia: ¿onde vai a nosa capacidade de investigación? ¿Sobre que [...]

Xull 29

Entre a parodia, a metanovela e a crítica social

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
Así titulou o crítico literario Manuel Rodríguez Alonso a crítica, no seu blog, sobre a nova novela de Francisco Castro, In Vino Veritas.
Podes ler a crítica completa aquí.

Xull 28

‘Son un poeta de contrabando’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

A frase é de Francisco Castro, hoxe nas páxinas de Faro de Vigo, entrevistado co gallo da publicación da súa nova novela, In Vino Veritas.
Podes ler a entrevista completa aquí.

Xull 27

Falar dende Xapón sobre Galicia

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Entrevistas | Deixa un comentario

Entrevista con Takekazu Asaka

O profesor Takekazu Asaka, profesor de Filoloxía Románica da Universidade Tsudajuku, visitou onte a Editorial Galaxia. Con este experto en Galicia e a literatura galega mantivemos unha breve conversa na que nos informou, entre outras cousas, da publicación de dous novos volumes, en xaponés, centrados na nosa cultura e da súa autoría. [...]

Xull 27

Presentación en Allariz de O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Xoves ás 19 h, no Museo do Xoguete

O Concello de Allariz, a librería Aira das Letras e Editorial Galaxia presentan o libro ‘O soldadiño de chumbo’. Durante o acto proxectarase a película do mesmo título rodada no Museo do Xoguete e dirixida por Virgina Curiá e Tomás Conde.
O acto desenvolverase no Museo do Xoguete porque [...]

Xull 26

Entrevista a María do Cebreiro

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

 
No suplemento “Contexto” do Xornal de Galicia atopamos esta extensa entrevista de Iago Martínez a María do Cebreiro Rábade Villar arredor do seu último ensaio, Fogar impronunciable.
Velaquí a podedes ler.

Xull 26

Dous novos libros de Álvaro Cunqueiro

Autor: administrador | | Tags: , , , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

A poesía en lingua galega posterior á guerra civil e ‘Escola de menciñeiros’

Na Biblioteca de Autor Álvaro Cunqueiro, e continuando coas celebracións do Cen Aniversario do nacemento do escritor, veñen de aparecer dúas novas entregas: o segundo volumen da súa poesía en lingua galega, que inclúe os poemas ou libros que Álvaro Cunqueiro escribe ou [...]

Xull 26

Sinatura de Francisco Castro

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Mércores 27 de xullo, ás 20 h, no Corte Inglés de Vigo

O escritor Francisco Castro estará no Corte Inglés de Vigo asinando exemplares da súa última novela, In vino veritas, e do resto da súa obra.

Xull 26

Fotogalería das presentacións do Festigal

Autor: administrador | | Tags: , , , , , , , | Categorías: Novidades, Álbum de fotos | Deixa un comentario

Onte os escritores Xavier Queipo, acompañado de Carlos Lema, director literario de Galaxia e o escritor Alfonso Álvarez Cáccamo, presentou o seu Ártico 2.0 no marco do Festigal, onde tamén presentaron novidades Yolanda Castaño e Andrea Costas ( Cociñando ao pé da letra ), na compaña dunha das cociñeiras do libro, Marga do Val, e [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios