O Blog de Editorial Galaxia

Marzo, 2011

Mar 31

Literatura Gran Reserva

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

O crítico literario Armando Requeixo publicou no suplemento “Nordesía” do Diario de Ferrol unha crítica da novela Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes.
Podes lela aquí.

Mar 31

Leo Caldas en sueco

Autor: administrador2 | | Tags: , , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 
A editorial sueca Ekholm & Tegebjer publicará as dúas novelas de Domingo Villar, Ollos de auga e A praia dos afogados.
Así o contan no portal de Xornal.com.

Mar 31

Xerardo Quintiá, Premio Fiz Vergara Vilariño

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Foille concedido de xeito unánime

O xurado do XI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño – reunido o sábado 26 de Marzo e formado por Xiana Arias, Chus Pato e Baldo Ramos e con voz e sen voto Xermán Arias e María Casar– acordou de xeito unánime, entre os 83 orixinais presentados, concederlle o galardón á [...]

Mar 31

Corto Maltés

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

 
Hoxe o suplemento “Faro da Cultura” abre cun artigo de Carlos Freire arredor deste gran personaxe creado por Hugo Pratt, de quen Galaxia ten no catálogo Corto Maltés. Balada do mar salgado.
Podedes lelo aquí.

Mar 31

Musicalidade poética

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
Baixo este título atopamos no “Faro da Cultura” a crítica de Paula Fernández do libro As outras historias, de Paula Carballeira, publicado na colección Árbore de Galaxia.
Velaquí a podedes ler.

Mar 30

Convocado o XIII Premio de Novela “Manuel García Barros”

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Premios, Xeral | Deixa un comentario

O Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e Editorial Galaxia convoca o XXIII Premio de Novela “Manuel García Barros” (KEN KEIRADES), cunha dotación económica de 9.000 euros.
Velaquí podedes consultar as bases.

Mar 30

Galaxia na Feira de Boloña

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

O proxecto Contoplanet está a espertar un grande interese entre os editores que se achegan ao stand galego

Onte presentouse na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña o catálogo Galician Books for Children & Young People, que recolle produción galega destinada ao público máis novo do último ano. No acto interviñeron o subdirector [...]

Mar 30

O lecer das augas

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

 
Na web de culturagalega.org podemos ler estes días un interesante traballo sobre a historia do termalismo a partir da entrevista con Luís Alonso Álvarez, un dos autores do libro O lecer das augas.
Velaquí o podedes atopar.

Mar 30

Os fitos da fin de século

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

No portal culturagalega.org atopamos un percorrido polos últimos anos da literatura galega da man de Dolores Vilavedra e o seu libro A narrativa galega na fin de século.
Podedes ler o seu artigo aquí.

Mar 29

Víctor F. Freixanes, autor do ano, segundo os libreiros

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

O sábado entréganse en Narón os XX Premios da Irmandade do Libro
Víctor F. Freixanes vén de recibir o Premio Irmandade do Libro ao Mellor Autor do ano 2010, galardón que concede anualmente a Federación de Libreiros de Galicia e que se entregará o próximo sábado, 2 de abril, nunha cea literaria no concello de Narón [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios