O Blog de Editorial Galaxia

Novembro, 2010

Nov 30

Pasamento dun histórico do galeguismo

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

As primeiras autoridades de Galicia, culturais e políticas, despediron a Fernández del Riego en Vigo
Nas dependencias da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura, desenvolvéronse durante dous días, domingo e luns, os actos cívicos de despedida a don Paco: Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo, 2010), fundador da Editorial Galaxia en 1950, avogado, [...]

Nov 30

Benigno Campos no Corte Inglés de Vigo

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 
Hoxe a partir das 19:00 h Benigno Campos estará na librería do Corte Inglés de Vigo asinando exemplares do seu libro Novas receitas da cociña de Larpeiros.

Nov 29

A prensa galega vólcase con don Paco

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

A prensa galega recolleu estes días todas as reaccións á triste noticia do falecemento de Francisco Fernández del Riego.
Velaquí unha mostra do que publicaron en portada Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Xornal de Galicia, Galicia Hoxe, e El País Galicia.

Nov 29

Arredor de don Paco

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Unha importante representación da cultura despediu na Fundación Penzol ao intelectual galeguista
Alí estaban todos. Os discípulos de don Paco. Aqueles e aquelas que, dun xeito ou doutro, se sentían vencellados á relación e as ensinanzas de Francisco Fernández del Riego. Con 97 anos, o intelectual galeguista, fundador e director ata hai poucos meses da Fundación [...]

Nov 29

“Un abrazo para Castelao”

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Aldara Diéguez, 10 anos
Aldara Diéguez foi ata agora a asinante máis nova que veu despedir a Francisco Fernández del Riego no memorial instalado na Fundación Penzol en Vigo.
“Grazas por todo o que nos regalaches e por todo o que fixeches pola nosa lingua e cultura. Espero que estés ondes estés disfrutes desta homenaxe que sen [...]

Nov 26

LECTURA DIXITAL

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

O número 187 de GRIAL aborda os novos horizontes da edición electrónica
A lectura dixital é xa unha realidade, e ao mesmo tempo, un debate aberto sobre o futuro dos medios de comunicación, as técnicas de transmisión do coñecemento e as destrezas dos seres humanos diante do saber e a cultura. Como se di na Carta [...]

Nov 26

As prisións da represión

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Vanesa Oliveira publica no xornal Galicia Hoxe unha interesante entrevista co historiador Domingo Rodríguez Teijeiro arredor do seu libro Presos e prisións na Galicia de guerra e posguerra. 1936-1945, recentemente publicado na colección Memoria de Galaxia.
Velaquí podedes ler a entrevista.

Nov 26

Galaxia no Culturgal

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Actos para todos os públicos

Dende este venres e ata o domingo, a nosa editorial desenvolverá todo un mollo de actos pensados para todo tipo de públicos. Espectáculos de maxia, actuacións musicais, faladoiros con escritores e escritoras… todo un conxunto de actividades que convertirán Pontevedra no centro cultural do noso país.
De seguido, o calendario preparado pola [...]

Nov 25

Realismo máxico

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

Francisco Martínez Bouzas publica hoxe unha crítica do libro de Antón Riveiro Coello, Homónima, da cal vimos de publicar unha nova edición.
Podes lela en formato PDF aquí.

Nov 25

Libros á fronte dun país

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

O Faro da Cultura publica hoxe unha interesante reportaxe arredor da Fundación Penzol na que destaca o seu traballo xa non só documental senón a prol do galeguismo.
Pódelo ler, en formato PDF aquí.

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios