O Blog de Editorial Galaxia

Outubro, 2010

Out 29

“Memorias dun neno labrego” no teatro

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 
Estrea na Illa de Arousa da versión teatral desta grande obra de Xosé Neira Vilas.
O auditorio de A Illa acolle este sábado a estrea do último traballo de Cándido Pazó: Memorias dun neno labrego. Trátase dun monólogo teatral baseado no libro de Neira Vilas, un clásico da literatura galega. A estes engadíronse textos da tradición popular e [...]

Out 29

Conferencia de Alonso Montero na exposición Fermín Penzol

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

“Foi un patriota da cultura galega”

“Descubrín a biblioteca de Fermín Penzol nos primeiros anos 50, en Madrid, antes de que se constituíse a Fundación que leva o seu nome. Cheguei á súa casa da man de Ben-Cho-Shey. Alí estaban os tesouros dos libros galegos”. O profesor Xesús Alonso Montero disertou sobre bibliofilia galega, centrando a [...]

Out 29

Libros predilectos polos máis novos e novas

Autor: administrador | | Tags: , , , , , , , , , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Cinco libros de Galaxia, entre os finalistas do Frei Martín Sarmiento

Será en Abril, durante a celebración da Festa da lingua, cando se saberá quen son os gañadores este ano nas distintas categorías do prestixioso premio Frei Martín Sarmiento, un bonito galardón organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas e no que rematan participando [...]

Out 29

Xa non estamos en idade

Autor: Ramón Loureiro | | Categorías: Artigos de autor | Deixa un comentario

Hai a penas uns minutos, nesta tarde na que tan grato é acariciar os libros recén comprados mentres na televisión pega saltos, perseguindo montañeiros perdidos, un abominable home das neves cuberto de pelo de alfombra barata, falabamos a través de teléfono, un meu amigo -que tamén o foi de Cunqueiro- e máis eu, de que [...]

Out 29

Libros como alfaias

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

No seu artigo de hoxe en El País, titulado De todo como en botica, e no que Dolores Vilavedra pasa revista á actualidade editorial e as últimas novidades, destaca un apartado que titulou Libros como alfaias e no que fai referencia ao noso Pel con Pel, sen dúbida, libro lindo, como ela di, ideal para [...]

Out 28

Homenaxe a Torres Queiruga

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | 1 Comentario

O XXV Foro Encrucillada, que se celebra en Santiago de Compostela dende hoxe e ata o sábado, adícase á obra deste magnífico teólogo, que vén de publicar en Galaxia -coa colaboración da Fundación Isla Couto- o ensaio Repensar o mal.

A obra de Andrés Torres Queiruga é suficientemente ampla e significativa como para merecer unha [...]

Out 28

É tempo de Samaín

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Celébrase en toda Galicia esta festa que vén de lonxe

Son moitos os que celebran o Halloween no noso país, unha festa que nos chegou, no esencial, a través dos telefilmes norteamericanos. Sen embargo, dende hai uns anos, colectivos galegos e asociacións de todo tipo traballan para recuperar a nosa propia celebración do Día de Defuntos, [...]

Out 28

Conferencia de Xesús Alonso Montero

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Falará de “Bibliofilia na Galicia do século XX. A personalidade de Fermín Penzol”

O salón de actos da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura de Vigo, acolle hoxe ás 20:00 h esta conferencia do profesor Xesús Alonso Montero.
Esta actividade enmárcase na exposición, inaugurada a pasada semana, Fermín Penzol. Unha obra para un país, que se [...]

Out 27

Receitas para Thermomix

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

 
Así titula Francisco Castro un interesante artigo dedicado ao estado da industria cultural galega, publicado no xornal Galicia Hoxe.
Velaquí o podedes ler.

Out 27

Vigo, 200 anos

Autor: administrador | | Tags: , , , , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

A cidade olívica celebra o seu bicentenario

Este está a ser un ano importante na cidade de Vigo co gallo do 200 aniversario da concesión do título de cidade. Entre outros moitos actos, hai uns días inauguramos a exposición ‘Vigo, cidade do mar amado’, instalada na Praza da Pedra e que servirá aos que se acheguen para [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios