O Blog de Editorial Galaxia

Xuño, 2010

Xun 30

‘Os poderes máxicos de Aitema’ no LER NA ESCOLA

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Como cada mércores, o xornal Galicia Hoxe dedica unha páxina enteira ao proxecto Ler na escola, no que se pasan revista a algúns dos máis interesantes títulos publicados nos últimos meses dentro do ámeto da Literatura Infantil e Xuvenil, analizados dende un punto de vista didáctico para conseguir a súa idioneidade no traballo dentro das [...]

Xun 30

Edición dixital de GRIAL

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

A decana das nosas revistas culturais xa se pode adquirir a través da Rede

O proxecto é dixitalizar o fondo histórico da revista (185 números, dende o ano 1963 que empeza a sair trimestralmente), e de feito xa está dixitalizada ata o número 100, a partir dun convenio que se realizou no seu día co Instituto [...]

Xun 30

Presentación en Pontevedra de AUTONOMÍA E MODERNIDADE EN GALICIA

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

O xoves ás 20:30 h, no Café Moderno

Participan Xosé M. Soutullo, director de produción de Galaxia, Margariña Valderrama, Inspectora de Educación e coautora, Xosé María Palmeiro, xornalista e coautor do libro, e Xulio Pardellas, profesor de Economía da UVigo e coautor do libro.
Porque xa transcorreu tempo abondo para valorar as bondades e fraquezas da autonomía. [...]

Xun 30

Unha xubilación… puntual

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

O escritor Xosé María Álvarez Cáccamo vén de xubilarse despois de 37 anos e un día de aulas. Toda unha vida consagrada ao ensino e que agora, xa finalizada, permitirá ao poeta vigués dedicarse á literatura a tempo completo para agasallarnos con historias tan singulares como o seu fermoso álbum Un home impuntual, que será presentado [...]

Xun 30

NUNCA TE VIN CHORAR 8 (por Miguel Suárez Abel)

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Balcón de libros | Deixa un comentario

A morte
A morte non está ben vista. Mellor: non se quere ver. Ocúltaselle ás persoas dende a nenez, nin se menciona, escapámoslle. De aí que nin nos preparemos para ela nin aceptemos que non admite escusas.
Un dos moitos méritos cos que conta a serie de televisión A dous metros baixo terra, creada por Alan Ball [...]

Xun 29

César Antonio Molina recibiu a Medalla Castelao

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

Nun acto solemne onte no Panteón dos Galegos Ilustres

Onte, no 26 aniversario da chegada dos restos de Castelao ao Panteón dos Galegos Ilustres, o escritor César Antonio Molina recibía, de man do presidente da Xunta, a Medalla Castelao, un dos recoñecementos institucionais máis grandes dos que existen no noso país.
Entre outras cousas, o autor de [...]

Xun 29

Jazz e novela policial

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Domingo Villar falará de jazz no Imaxina Sons de Vigo

Mañá mércores, no salón de actos do MARCO de Vigo o escritor Domingo Villar, e dentro das actividades da 6ª edición do Festival de Jazz de Vigo, terá lugar a mesa redonda titulada “The Jazz I Love (O jazz que amo). Os escritores tamén improvisan”, na [...]

Xun 29

De “Acusación”

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Para ler, Revista de prensa | Deixa un comentario

Na súa diaria sección de Poesía, o xornal Galicia Hoxe volve ofrecernos hoxe un poema de Xiana Arias Rego, do seu Acusación.
NON HAI pistolas.
-Cando imos saír desta cidade?
 
Non hai chisqueiros.
-Falar contigo é como discutir coa televisión.
 
Non teño un mapa.
-Se a porta pechada é a tranquilidade… que medo!

Xun 29

Máis que satisfeitos

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Así titula o xornal Galicia Hoxe unha reportaxe na que algúns escritores e escritoras do noso sistema literario amosan o seu entusiasmo diante do nomeamento de Lois Pereiro como persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano que vén.
Entre outros, opinan Manuel Forcadela e Xavier Rodríguez Baixeras.
Podes ler o documento completo aquí.

Xun 29

NUNCA TE VIN CHORAR 7 (por Miguel Suárez Abel)

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Balcón de libros | Deixa un comentario

A dor
Non sei se esaxera Pet Petterson, pero non anda descamiñado cando afirma que a arte se non é dor, é ocio. Sei das tendencias que se impoñen: para sufrimentos e traballos abóndame a vida, se leo ou vou ó cine ou acudo a un teatro ou entro nunha sala de exposicións o que desexo [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios