O Blog de Editorial Galaxia

Marzo, 2010

Mar 26

BIOGRAFÍA DE UXÍO NOVONEYRA

Autor: administrador2 | | Tags: , , , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

 
Antón Lopo preséntanos unha excelente biografía do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2010.
Uxío Novoneyra está xa gravemente enfermo e rememora a súa vida, desde O Courel da II República ás rúas de Zúric onde viu, a primeiros da década de 1990, os rapaces anestesiarse con heroína. Xorden así unhas memorias concibidas con aparencia de autobiografía, [...]

Mar 26

Día Internacional do Libro Infantil

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

O día 2 de abril conmemórase o nacemento de Hans Christian Andersen co fin de fomentar o amor pola lectura e chamar a atención sobre os libros para os máis pequenos.

Dende Editorial Galaxia estamos convencidos do papel fundamental que xoga a colaboración entre profesores, libreiros, editores e familias para impulsar o establecemento do hábito de [...]

Mar 26

X Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Premios | Deixa un comentario

 
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Editorial Galaxia, coa colaboración do Grupo Gas Natural, convocan o X Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.
Podedes consultar as bases desta edición neste pdf.

Mar 26

Neira Cruz no Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Esta semana o escritor Xosé A. Neira Cruz visitou o Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra para falar cos rapaces de 1º de Bacharelato da súa novela O armiño dorme. Os alumnos ficaron coa boca aberta ante o encanto do autor que os trasladou nunha viaxe imaxinaria á Florencia dos Medici…

Mar 26

O cárcere precipitado

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | 1 Comentario

 
Xosé Manuel Eyré publica esta semana en A nosa terra unha crítica do poemario Acusación, de Xiana Arias Rego, un novo valor da poesía galega.
Velaquí a podedes ler.

Mar 25

EN BOLOÑA O LIBRO GALEGO MEDRA

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Os editores galegos sellan alianzas e profundan en proxectos de colaboración en todo o mundo
Unha das grandes ventaxas que ten a Feira Internacional do Libro de Boloña é a posibilidade de atoparse con centos de editores de todo o mundo, para coñecer os seus proxectos e, sobre todo, para dar a coñecer os propios. Visitando [...]

Mar 25

“O salitre que enmeiga”

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Entrevistas | Deixa un comentario

Este é o titular da entrevista que Vanesa Oliveira lle fixo a Alicia Borrás con motivo da publicación en Galaxia do seu primeiro libro de relatos, O mar é noso.
Podédela ler nesta ligazón co xornal Galicia Hoxe.

Mar 25

Sutil labirinto

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

 
Así titula Dolores Martínez Torres a súa crítica publicada hoxe no “Faro da Cultura” da novela A rolda nocturna, de Sarah Waters, quen nos visitou recentemente para recoller o Premio Casino de Santiago e presentar a edición en galego da obra premiada.
Velaquí a podedes ler.

Mar 25

A ESMORGA, mellor espectáculo teatral

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Premios | Deixa un comentario

A adaptación da novela de Blanco Amor a cargo de Sarabela Teatro foi a gran triunfadora dos Premios María Casares
A adaptación teatral de A esmorga obtivo o premio máis importante da noite, o de mellor espectáculo, así como os de mellor actriz e actor secundarios, mellor escenografía e mellor iluminación.
Este importante recoñecemento fala, unha vez [...]

Mar 24

GALICIA DÉIXASE NOTAR EN BOLOÑA

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Importantes actos protagonizados por autores de Nós
Hoxe celébrase na cidade italiana de Boloña a segunda xornada da Feira Internacional do Libro Infantil no que a Editorial Galaxia ten unha importante presenza ao contar cun espazo propio que, dende o primeiro instante, se converteu en lugar de traballo con ilustradores de todo o mundo, profesionais do [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios