O Blog de Editorial Galaxia

Novembro, 2009

Nov 30

‘Entre fogóns e coa gaita de fondo, son o home máis feliz’

Autor: administrador | | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

A frase é de Benigno Campos no Diario de Pontevedra, onde foi entrevistado onte domingo.
Para ler a conversa completa, fai clic aquí.

Nov 30

Branco 18 (por Manuel Darriba)

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Balcón de libros | Deixa un comentario

Fundido… en branco
 
Este tipo é un fenómeno: o “consultor artístico-psicolóxico” Manuel Darriba. Despois de 7 sesións (custo da sesión: 300 euros) conseguín que me axudara a apropiarme da miña nova personalidade.
 
Darriba convenceume de que hai un escritor dentro de min. Estaba sepultado, levaba un tempo loitando por saír ao exterior. Agora o que debo facer…
 
_O [...]

Nov 27

Finou Xan Balboa

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Desaparece un dos grandes da ilustración galega

Durante a mañá do venres tivemos coñecemento da triste nova do pasamento do ilustrador Xan Balboa. O seu nome pasará á historia como un dos grandes da ilustración galega e, por suposto, totalmente pegado ao Lamote, ese personaxe inesquencible creado por Paco Martín. Para milleiros e milleiros de lectores [...]

Nov 27

Contos para ler e escoitar

Autor: administrador | | Tags: , , , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Nacen os ‘Audiocontos Galaxia’

Os sete cabuxos, Branca de neve e os sete ananos, O galo Quirico e Os catro amigos son os catro primeiros títulos escollidos pola nosa editorial para presentar a colección ‘Audiocontos’ que a vindeira semana chegará ás librerías de toda Galicia e que este domingo se presenta dentro do ‘Achegarte’ da Coruña, [...]

Nov 27

Yo tamién soi fonte

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Presentada a versión en bable do libro de Teresa Moure

A pasada fin de semana, nun acto auspiciado por ‘Amamantar’, organización asturiana de apoio á lactancia materna, e a Concellería de Igualdadade do Concello de Xixón, presentouse en sociedade a versión bilingüe bable-castelán, do libro de Teresa Moure, Eu tamén son fonte ilustrado por Leandro Lamas [...]

Nov 27

Xerardo Quintiá no ‘Lendo Contigo’ de Gondomar

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Sábado 28 de novembro, ás 12.00 h, na Biblioteca de Gondomar

O escritor Xerardo Quintiá visita o club de lectura Lendo Contigo para falar cos nenos e nenas dos seus libros A verdadeira historia do burro Feldespato e Ke-Tumba Ke-Tamba.

Nov 27

Benigno Campos na Praza de Abastos de Cangas

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

A partir das dez e media da mañá hoxe venres

Seguindo coas súas actividades de visita aos mercados de Galicia, que é onde o noso cociñeiro sabe que están os mellores produtos, Benigno Campos estará hoxe na Praza de Abastos de Cangas asinando exemplares do seu libro de receitas A cociña de Larpeiros.

Nov 27

OS SETE CABUXOS. UN CONTO CON CANCIÓNS

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Domingo 29 de novembro, ás 12.00 h, no Palexco. A Coruña

Dentro do Achegarte, sesión de animación á lectura a partir do libro Os sete cabuxos, publicado por Galaxia, coa participación de Teresa Santamaría e Francisco Barreiro dentro da colección ‘Audiocontos’.

Nov 27

Branco 17 (por Manuel Darriba)

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Balcón de libros | Deixa un comentario

A metamorfose
 
Levo unha semana de hotel, sen máis compaña có ordenador portátil e unha bolsa de roupa. A miña moza botoume da casa.
 
De liquidar a empresa xa me ocuparei máis adiante. De momento sigo cobrando a nómina; ata que o meu socio se farte e peche a billa.
 
Misteriosamente, o amigo escritor desapareceu. Non hai chamadas, [...]

Nov 26

CAMIÑANTES

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

Francisco Martínez Bouzas publica hoxe no “Faro da Cultura” unha crítica do último ensaio de Marcelino Agís Villaverde, Camiñantes. Un itinerario filosófico, unha reflexión sobre a condición humana e as súas encrucilladas.

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios