O Blog de Editorial Galaxia

Outubro, 2009

Out 30

Pierre Michon, Gran Premio da Academia Francesa

Autor: administrador | | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Pola súa novela ‘Os once’ que publicaremos en novembro

O escritor Pierre Michon, un dos escritores xa míticos da narrativa francesa actual, acaba de ser galardoado co gran premio de novela da Academia Francesa pola súa nova novela ‘Os once’, que Editorial Galaxia porá á venda a mediados do próximo mes de novembro dentro da colección [...]

Out 30

Dez anos sen Uxío Novoneyra

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Tal día coma hoxe finaba o poeta do Courel

Hai hoxe dez anos morría en Compostela o poeta Uxío Novoneyra, a quen se adica o ano vindeiro o Día das Letras Galegas. Mestre dunha xeración enteira de poetas, a súa voz segue a ser aínda hoxe un referente esencial para entender a nosa lírica e o [...]

Out 30

Un mapa de Xohana Torres

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega estrea a sección Cartografías no seu Álbum de Mulleres.

O Álbum de Mulleres, coordinado pola Comisión de Igualdade do CCG, estrea sección: as Cartografías. Exhaustivas investigacións biográficas e documentais sobre a vida de creadoras galegas, que se estrean, a coincidir coa xornada Xohana Torres, a dona dos [...]

Out 30

Anisia Miranda

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Seguen a aparecer nos xornais galegos, sentidos artigos loubando a figura e a obra da escritora Anisia Miranda, recentemente finada (na foto co seu compañeiro Xosé Neira Vilas).
Hoxe, nas páxinas do Faro de Vigo, podemos ler as verbas de Xosé Luis Méndez Ferrín.

Out 30

HENRIQUE MONTEAGUDO PRESENTOU O SEU LIBRO

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades, Revista de prensa | Deixa un comentario

Foron moitas, case que cen, as persoas que quixeron estar presentes na presentación do novo libro de Henrique Monteagudo, As razóns do galego. Apelo á cidadanía.
Hoxe, os medios de comunicación recollen algúns dos comentarios do autor. Así, por exemplo, El País.

Out 30

MANUEL DARRIBA NO ‘BALCÓN DE LIBROS’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Balcón de libros | Deixa un comentario

A partir do vindeiro luns e durante todo o mes de novembro, o escritor Manuel Darriba, que vén de publicar na nosa editorial a súa nova novela, Branco, atoparase todos os días no Balcón de Libros do noso blog cos lectores e lectoras.
Teremos oportunidade de saber moitas cousas, todas elas de certo moi interesantes, arredor [...]

Out 30

FLIS-FLI-RIS-FLÁS NA FONSAGRADA

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Este sábado, a partir das 20 horas, a Compañía Matapiollos porá en escena, na Fonsagrada, a obra Flis-fli-ris-flás dirixida por Jorge Coira e que, o ano pasado, percorreu toda Galicia da man dunha campaña conxunta entre Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Rematada a campaña, a historia segue viva, e todos poderemos seguir [...]

Out 30

Presente e futuro do idioma galego

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Mañá sábado terá lugar a I Xornada de Dobraxe e Idioma que organiza a Asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galicia, APRADOGA, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Concello de Ames, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación AISGE (Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión), que preside Pilar Bardem. [...]

Out 30

Máis ca unha simple biografía

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

Así titula un seu eloxioso comentario o crítico do Cartafol de Vieiros, Manuel Rodríguez Alonso arredor do libro Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades de Luís Rei.
Entre outras cousas, salienta que este volume serve “para entender o ambiente, tremendamente adverso as máis das veces, en que se desenvolve a vida dun escritor e intelectual [...]

Out 29

‘O momento é crítico para o galego’

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Entrevistas | Deixa un comentario

Entrevista con Henrique Monteagudo

Hoxe, ás 20 horas na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, Henrique Monteagudo presenta o seu novo libro As razóns do galego. Apelo á cidadanía. No acto estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Xosé Hermida, delegado de El País en Galicia.
Co gallo desta presentación, mantivemos unha interesante entrevista [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios