O Blog de Editorial Galaxia

Febreiro, 2009

Feb 27

A lírica das cousas pequenas

Autor: administrador | | Tags: , , , , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Xosé Manuel G. Trigo presentou en Bertamiráns (no val da Mahía) o seu último libro: Viaxes do corazón. Diario ínfimo, acompañado de Xosé María Álvarez Cáccamo e de Víctor F. Freixanes. Cheo no auditorio e agarimo dos lectores, mozos e vellos.
Cun cheo total no auditorio da casa de cultura de Bertamiráns (Ames), Xosé Manuel G. [...]

Feb 27

A quen fala hoxe Rosalía?

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

 
 
O xornalista Daniel Salgado asina hoxe un interesante traballo no suplemento Luces do xornal El País, arredor da figura de Rosalía de Castro.
Entre outros opinan sobre a nosa poeta nacional, Arturo Casas, Margarita Ledo Andión, María do Cebreiro, Yolanda Castaño, Inma López Silva ou Teresa Moure.
Podes ler o traballo completo aquí.

Feb 27

Os Musicontos chegan a Coruña

Autor: administrador | | Tags: , , , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Este sábado ás 12 horas na FNAC da Coruña haberá unha presentación deste fermoso produto editorial chea de música a cargo da actriz María Inés Cuadrado.
Esta nova colección de Editorial Galaxia, Árbore Musicontos, conta coa participación do Consorcio de Santiago. Tres contos clásicos -A Cinsenta, Os tres porquiños e A sereíña- son “reinventados” con textos [...]

Feb 27

O VIOLINISTA DE MALÁ STRANA (post 9), por Xerardo AgraFoxo

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Balcón de libros | Deixa un comentario

A historia que se conta en O violinista de Malá Strana garda certa relación coa trama da película de François Truffaut titulada Jules et Jim. Nela dous mozos séntense cativados pola beleza dunha muller enigmática. Nada menos que a pecaminosa Jeanne Moreau, a muller de beizos carnosos e ollos de prato.
Por que recorrín a este [...]

Feb 26

Como un himno

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

Francisco Martínez Bouzas escribe hoxe unha interesante crítica sobre un dos libros que están a sorprender en toda Europa, A elegancia do ourizo de Muriel Barbery.
Podes ler a crítica, en formato PDF facendo clic aquí.

Feb 26

O significado metafísico da Saudade

Autor: administrador | | Tags: , , , , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Logo da publicación de A linguaxe e as linguas e Olladas no futuro, os dous títulos que abriron a Biblioteca de Autor que Editorial Galaxia dedica a Ramón Piñeiro, publícase este terceiro volume no que se recollen os textos que o ensaísta dedicou ao tema da saudade, un dos asuntos centrais na recuperación do pensamento [...]

Feb 26

Presentación de VIAXES DO CORAZÓN, de Xosé Manuel G. Trigo, en Bertamiráns (Le un anaco)

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades, Para ler | Deixa un comentario

Hoxe, ás 20.00 h, na Biblioteca de Bertamiráns ( Praza de Chavián, s/n. ), presentarase o libro de Xosé Manuel G. Trigo, Viaxes do corazón. Diario ínfimo.
O acto contará coa participación de Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia, Xosé María Álvarez Cáccamo, poeta, e o autor, Xosé Manuel G. Trigo.
Podes ler o comezo do [...]

Feb 26

REMATOU O OBRADOIRO NA MEZQUITA

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Obradoiros Literarios | Deixa un comentario

Onte celebrouse a derradeira sesión, na Mezquita ( Ourense ) do Obradoiro Nós tamén escritoras que naceu da colaboración entre a Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Igualdade de Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
Desta vez non recibiu ás musas o temporal de neve da primeira sesión. Como se o tempo quixese poñerllo doado á [...]

Feb 26

O VIOLINISTA DE MALÁ STRANA (post 8), por Xerardo AgraFoxo

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Balcón de libros | Deixa un comentario

Os bestsellers
 

Non o podo evitar. Cada un é como é.
Aparte de ler o Elle e o Marie Claire, tamén leo algún bestseller. Explícome. Formo parte dese grupo de persoas que debullan novelas escritas para capturar o maior número de lectores. Libros tecidos sempre coa mesma estrutura: moitos diálogos, poucas descricións, tramas envolventes e argumentos sinxelos.
Neste [...]

Feb 25

“As flores do mal”, en Libro Aberto

Autor: administrador2 | | Tags: , , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Na última edición do programa Libro Aberto da TVG, Manolo Romón entrevistou a Gonzalo Navaza pola súa tradución da obra As flores do mal, de Charles Baudelaire.
Velaquí podedes ver a entrevista.

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios