EUSEBIO ALÉN
Autor: administrador | | Categorías: Ópera Prima | Deixa un comentario
Se tivera que definirme profesionalmente diría que son comerciante. Aínda que nos últimos anos traballei como operario nunha cadea de montaxe.
Autor: administrador | | Categorías: Ópera Prima | Deixa un comentario
Se tivera que definirme profesionalmente diría que son comerciante. Aínda que nos últimos anos traballei como operario nunha cadea de montaxe.
Autor: administrador | | Categorías: Ópera Prima - Obras | Deixa un comentario
O camiño cego atopase cerca da casa da miña nai. É un camiño que non leva a ningures. Ten entrada mais non ten saída. Lembro cando comezaron as obras e viñeron camións,escavadoras e obreiros; viñeron o Sr Alcalde e o presidente da Xunta e concelleiros; viñeron xentes de outros pobos e, por suposto, todos os veciños [...]
Autor: administrador | | Categorías: Ópera Prima - Obras | Deixa un comentario
ATROZMENTE CON AMOR
ou unha cita coa extinción.
¿Que podo eu escribir,
que poemas despois dos diamantes
de Méndez Ferrín, de Celso Emilio…?
¿Talvez loar o xentil esmalte do estado
de graza das lareiras?¿Talvez o xenocida
enxoval da arterioesclerose?¿Os sacrificios
de balde a un deus atrofiado que subhasta
con desdén bisutería no parnaso? Caracoleo
para seducir o abismo dos cemiterios,
da memoria os peitos varados na [...]
Autor: administrador | | Tags: inma lópez silva, memoria de cidades sen luz, premio blanco amor | Categorías: Balcón de libros | Deixa un comentario
Para quen escribimos
Sabemos realmente quen son os nosos lectores? Ás veces esa pregunta agóbiame profundamente.
Os lectores son coma os familiares, non podemos elixilos. Máis ben, coma os amigos, son eles quen nos elixen a nós. Cando unha está a escribir a súa longuísima novela, soa fronte ao perigo de ser a súa única lectora, normalmente [...]
Autor: administrador | | Tags: a fada das lapas, manuel janeiro | Categorías: Novidades | Deixa un comentario
Hoxe, Manuel Janeiro presenta o seu último libro, A fada das lapas.
O acto desenvolverase na librería Libraida de Gondomar ás 20.30 horas.
A fada das lapas é un volume fermosamente ilustrado por Zita Delaco que está a obter un grande éxito de público e crítica.
Despois da celebrada presentación de Vigo, estamos certos de que a xornada de hoxe será igualmente [...]
Autor: administrador | | Tags: premio manuel garcía barros, shakespeare destilado, xesús constela doce | Categorías: Novidades | Deixa un comentario
Hoxe, a Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Galaxia, La Voz de Galicia e o Concello de Rianxo organizan a presentación do libro gañador do Premio García Barros 2008, Shakespeare destilado, de Xesús Constela Doce ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo. No acto estarán presentes o autor; o director da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, o presidente [...]
Autor: administrador | | Categorías: Exposicións | Deixa un comentario
Hoxe, ás 11.30 da mañá, a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, será a encargada de inaugurar esta exposición, producida pola Fundación Carlos Casares e Merlín Comunicación, acompañada polos alumnos e alumnas do IES Pontepedriña de Santiago de Compostela, na Sala de Exposicións do Parlamento de Galicia.
Esta exposición didáctica pretende achegar a todo o público interesado, [...]
Autor: administrador | | Tags: inma lópez silva, memoria de cidades sen luz, premio blanco amor | Categorías: Balcón de libros | Deixa un comentario
O oficio de escritora
Sentar diante do ordenador e pórse a inventar unha historia. Xogar a ser deus e ter nas miñas mans o destino das vidas que invento. Para min escribir consiste niso, e todo o demais é accesorio: disciplinarme, deseñar estruturas para unha novela, documentarme… Todo dá igual se me sinto con forzas para [...]
Autor: administrador | | Tags: made in galiza, séchu sende | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario
Ese é o titular co que o xornal Galicia-Hoxe resume as cifras que onte adiantabamos sobre a producíón da nosa editorial onte. Na información destácase que o libro de Séchu Sende, Made in Galiza foi o máis vendido con cinco reimpresións.
Podes ampliar a información aquí.
Autor: administrador | | Tags: carlos casares | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario
Nestes días fálase moito, co gallo do décimo aniversario do seu pasamento, de Gonzalo Torrente Ballester. Hoxe, Miguel Viqueira, protagonista de primeira man, asina no Xornal de Galicia unha fermosa lembranza sobre as tertulias que facía Torrente, cun grupo de amigos, no Café Monterrey. Daquel parladoiro mítico formará parte activa un dos máis grandes contadores de historias [...]

21/05/13
Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.
Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…
Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…
Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…
Lembrei a Rosalía.
Un chapeu negro e un nariz de pallaso