O Blog de Editorial Galaxia

Decembro, 2008

Dec 31

INTERESANTE NOVA SOBRE HEMINGWAY

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

 
 
 
 
 
 
 
 
Hoxe La Voz de Galicia informa dunha nova ben interesante, como é que Cuba presentará 3000 documentos inéditos de Hemingway. A partir do 5 de xaneiro estarán dixitalizados e ao dispór dos investigadores.
Sen dúbida, unha moi boa noticia para os admiradores do autor de O vello e o mar que, desde hai moitos anos, podemos [...]

Dec 31

“En xeral vexo na literatura galega un excesivo ton catequista e espiritual”

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

 
 
 
 
 
 
 
 
Ese é o titular escollido polo xornalista Marcos S. Pérez para ilustrar outra entrevista con Xurxo Borrazás arredor da súa nova novela, ‘Costa Norte/ZFK’.
O autor de Carballo fala arredor da experimentación e a novela, así como dalgúns asuntos de actualidade certamente polémicos.
A conversa enteira, aquí.

Dec 30

“A realidade vén de forma torrencial”

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

A frase é do escritor Xurxo Borrazás, que hoxe é entrevistado  no xornal Galicia-Hoxe co gallo da publicación do seu novo libro, Costa Norte/ZFK, e na que sitúa a Galicia diante dunha catástofre nunha historia na que pretende levar ao lector a unha atomosfera de misterio e perigo.
A entrevista enteira aquí.

Dec 30

Un blog que é algo máis ca un blog

Autor: administrador | | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Ese é o título escollido polo portal Vieiros para facerse eco do nacemento do blog da Editorial Galaxia que comezou a súa virtual andaina hai dúas semanas. Unha completa anotación arredor deste espazo electrónico no que, ademais de informar do día a día da nosa editorial, os autores noveis poden publicar os seus textos e [...]

Dec 30

SHAKESPEARE DESTILADO: QUINTO POST (por Xesús Constela Doce)

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Balcón de libros | Deixa un comentario

Con todos vostedes (aquí debería de soar música de trompeta, ou un redobre de tambor, que sei eu) o pavo de matogueira australiano.

Un animaliño que traballa arreo toda a vida enteira e seica nese traballo reside precisamente a súa beleza (o físico non lle foi un agasallo da natureza). Comparen o pavo con Franciscus de [...]

Dec 29

Un libro necesario

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Para comprender un conflito que vén de atrás, de moi atrás, case que das raíces do mundo, pero que non se explica facilmente. O libro de Miguel Anxo Murado, Fin de século en Palestina, é moito máis ca unha reportaxe, moito máis ca unha crónica ou un ensaio; é unha historia de amor.
Poucas veces un [...]

Dec 29

SHAKESPEARE DESTILADO (CUARTO POST)

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Balcón de libros | Deixa un comentario

Ocupareime do Willy.
E direi que é coma os creadores todos, os literarios incluídos. Primeiro constrúe unha maqueta inmensa con todo o afán de que é capaz un individuo. E non descoida detalle ningún que poida derramarlle o escenario. E logo énchea de habitantes. E entre todos eles albisca por unha fiestra á Susanna. E [...]

Dec 24

OS ÁRBORES MUSICONTOS RECOMENDADOS NO BLOG DE REDE LECTURA

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Nese blog interesante e esencial para entendermos o que se fai e se le e se escribe nos eidos da literatura infantil e xuvenil de Galicia, recomendan os dous primeiros títulos da colección Árbore Musicontos, O prodixio dos zapatos de cristal e O debut de Martino Porconi, ambos os dous da autoría de Xosé A. [...]

Dec 24

Un novo discurso para a política lingüística en Galicia

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Novidades, Para ler, Xeral | Deixa un comentario

Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo, codirectores de GRIAL, presentaron o último número da revista (179), dedicado ao futuro da lingua, nunha das sedes coruñesas de Caixa Galicia, acompañados de Anxo M. Lorenzo e Xaime Subiela, dous dos autores que participan no mesmo.“Os grandes defensores da convivencia das linguas e do multilingüismo en Galicia somos [...]

Dec 24

PIÑEIRO, INTELECTUAL INSUBORNABLE

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Iso é o que mantén hoxe o profesor Miguel Barros nunha entrevista no xornal Galicia-Hoxe trala presentación, onte, aos medios da súa tese. Nela, explica que a política foi a faceta fundamental de Ramón Piñeiro, e que a lingua era a metáfora da nación. En palabras de Miguel Barros: Para el era a cuestión do galego [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Posts recentes

Posts popular

Últimos Comentarios