O Blog de Editorial Galaxia

Animación á lectura

Xun 19

Making Of de ‘Bícame Frank’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Animación á lectura, Novidades | Deixa un comentario

Cando xa resta moi pouco para a saída da nova novela de Miguel Anxo Fernández protagonizada por Frank Soutelo, o autor ofrécenos o making of da novela

Onte martes, o escritor Miguel Anxo Fernández comezaba a escrita, no seu blogue, do making off da súa nova novela, ‘Bícame Frank’ que está xa a piques de sair [...]

Xun 7

‘Rosalía pequeniña’ en Dodro

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Sábado, ás 18 horas no Multiusos A Paxareira

Este sábado, e dentro dos actos programados dentro do programa Falaredes, da Sescretaria Xeral de Política Lingüística, celebrarase o espectáculo, en Dodro, ‘Rosalía pequeniña‘ a cargo de Uxía. A cantante estará acompañada de Sergio Tannus, autor dos arranxos dos temas do disco do mesmo nome que publicamos na [...]

Xun 5

Literatura para o Día Mundial do Medio Ambiente

Autor: administrador | | Tags: , , , , , | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Libros para entender e coidar a natureza

Hoxe, 5 de xuño, celébrase en todo o mundo o Día Mundial do Medio Ambiente, unha celebración instituída pola ONU no ano 1972 co obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade de coidar a nosa casa común, o planeta terra.
A literatura, neste senso, pode ser unha ferramenta máis que [...]

Mai 27

Escoita de balde un tema de ‘Rosalía Pequeniña’

Autor: administrador | | Tags: , , , | Categorías: Animación á lectura | 1 Comentario

A grasia non era moita’: Rosalía a ritmo de blues con Sés e Uxía

Dende aquí podes descargar o tema, presente no novo libro-disco de Uxía, ‘Rosalía pequeniña‘, o tema ‘A grasia non era moita’, que pecha o traballo e no que a cantautora Sés e a propia Uxía, achegan a Rosalía a nós, a ritmo [...]

Mai 21

‘A máscara de Ulises’, de Xosé Carlos Caneiro, Libro do Mes

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Ofrecemos de balde a descarga do relato ‘A última memoria de Oliverio Twist’

Xa está activa na nosa web, a descarga de balde do relato de Xosé Carlos Caneiro, presente no seu novo libro ‘A máscara de Ulises‘, “A última memoria de Oliverio Twist’. Os internautas poderán descargar dende o banner que chamamos ‘O libro do [...]

Mai 20

A hostelería galega sumouse tamén ao Día das Letras Galegas

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Deixamos aquí constancia dunha fermosa iniciativa desenvolvida polo restaurante vigués O CROQUE que, con motivo da celebración do día das Letras Galegas, quixo sumarse a este día aportando uns graos de área a cultura galega co que mellor saben facer: Gastronomía.
E así, dende o 17 ata o 31 de maio, teñen unha oferta especial de [...]

Mai 20

O peizoque máis feliz en A Maía

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Así titulou a escritora Dores Tembrás, unha entrada no seu blogue para dar conta da visita, na compaña do ilustrador Xosé Tomás, ao Colexio A Maía de Bertamiráns para ter un encontro coa cativada arredor do libro de ambos os dous, O peizoque Roque.
Podes ler a crónica, aquí.

Mai 10

Concerto de Mamá Cabra en Vigo

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Luns 13 de maio, ás 18.30 horas no Corte Inglés

Este luns, ás 18.30 no salón de Ámbito Cultural do Corte Inglés de Vigo, na pranta segunda, o grupo de música infantil Mamá Cabra, ofrecerá un concerto co gallo do Día das Letras Galegas.
A actividade está pensada para nenos e nenas ata os sete anos e [...]

Mai 9

Marcapáxinas da Editorial Galaxia

Autor: administrador | | Categorías: Animación á lectura | 1 Comentario

Como xa fixemos hai tempo, damos hoxe conta aquí do novo post no blogue Marcapáginas de mi colección, que vén de incorporar un bo feixe de marcapáxinas da Editorial Galaxia.
Podes velos aquí.

Mai 9

Os ‘Cantares’ de Rosalía están cheos de mencións á nosa bebida tradicional

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Animación á lectura | Deixa un comentario

Así se expresa hoxe Xavier Castro, entrevistado no Faro da Cultura como coordinador das Xornadas sobre Viño e Cultura que están a celebrarse por todo o país.
Premendo sobre a imaxe podes ampliar para ler a entrevista completa.

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios