O Blog de Editorial Galaxia

Galería de Arte

Xull 26

Ana Santiso na GALERÍA DE ARTE

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Galería de Arte | Deixa un comentario

 

Dende hoxe, incorporamos á nosa Galería de Arte, espazo dedicado aos ilustradores e ilustradoras galegos que queiran usalo como escaparate do seu traballo, a Ana Santiso, nova ilustradora galega que xa ten conseguido un unánime recoñecemento pola calidade do seu traballo.
Podes ver o escaparate aquí.

Feb 5

DAVID PINTOR NA ‘GALERÍA DE ARTE’

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Galería de Arte | 1 Comentario

Hoxe traemos parte do traballo de David Pintor, á nosa Galería de Arte.
Recentemente, ilustrou para a nosa editorial dous ‘Duros’: O serrote do Gil e Os oficios de Chuquelo.

Podes acceder á Galería dende aquí.

Xan 14

KRISTINA SABAITE NA ‘GALERÍA DE ARTE’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Galería de Arte | Deixa un comentario

Hoxe incorporamos á nosa Galería de Arte o traballo da artista lituana Kristina Sabaite, que vén de ilustrar para a nosa editorial o audioconto Os catro amigos.
Podes ver parte do seu traballo no seu blog persoal, e aquí.

Set 9

MINIA REGOS NA ‘GALERÍA DE ARTE’

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Galería de Arte | Deixa un comentario

A nosa Galería de Arte segue a medrar. Hoxe incorporamos o traballo de Minia Regos, quen, recentemente, elaborou as ilustracións do libro de Jordi Sierra i Fabra, Kafka e a boneca viaxeira.
Podes ver o seu traballo aquí e visitar o seu blog persoal.

Xull 30

MARÍA LIRES NA ‘GALERÍA DE ARTE’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Galería de Arte | Deixa un comentario

Hoxe incorporamos á nosa Galería de Arte algunhas das ilustracións do libro, tamén escrito por ela, de María Lires, Bechos pequerrechos, unha fermosa alfaia que ningún pequecho ou pequecha debería perderse.
O seu traballo, aquí.

Xull 15

ALBERTO VARELA FERREIRO NA GALERÍA DE ARTE

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Galería de Arte | Deixa un comentario

Coincidindo coa saída do seu moi fermoso Misterio na selva de Ngorongón, hoxe incorporamos á Galería de Arte deste blog algunhas das ilustracións realizadas polo seu autor, Alberto Varela Ferreiro.
Gozade desta festa de cor!

Mar 23

MARÍA NOEL TOLEDO NA GALERÍA DE ARTE

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Galería de Arte | Deixa un comentario

Hoxe, na nosa Galería de Arte incluímos unha serie de ilustracións, fermosísimas, que a artista María Noel Toledo vén de realizar para o libro, na colección Tartaruga, de Eva Lozano Carpente, O peto da risa.
Gozade delas.

Feb 3

JACOBO FERNÁNDEZ

Autor: administrador | | Tags: , , , | Categorías: Galería de Arte | Deixa un comentario

Hoxe, na nosa Galería de Arte temos a sorte de podervos ofrecer algunhas das ilustracións elaboradas por Jacobo Fernández para o libro de An Alfaya, Vacas na cidade?. Nos vindeiros días iremos subindo máis imaxes deste ilustrador que vén de agasallarnos recentemente con novas mostras do seu talento para a serie Pimpín por aquí non [...]

Xan 13

O colectivo gráfico RuAn na Galería de Arte

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Galería de Arte | Deixa un comentario

Desde hoxe, na sección Galería de Arte podedes ver parte do traballo dun dos grupos gráficos máis interesantes e activos da Banda Deseñada galega, o Colectivo Gráfico RuAn.
Para a Editorial Galaxia ilustraron os cinco primeiros títulos da mítica Colección Tartaruga.
Se queredes coñecer máis do seu traballo, podedes visitar:
http://cgruan.blogspot.com
http://paxaradas.blogspot.com
http://contosdetaberna.blogspot.com

Dec 22

XOSÉ TOMÁS NA GALERÍA DE ARTE

Autor: administrador | | Tags: , , , | Categorías: Galería de Arte | Deixa un comentario

Desde hoxe, na Galería de arte podemos apreciar parte do traballo de ilustración de Xosé Tomás ( Betanzos, 1971 ). Unha apoteose de cor e creatividade, mais tamén de poesía, de humor, de luz…

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios