O Blog de Editorial Galaxia

Revista de prensa

Mai 24

Merchi Rodal: ”Fago repostería en ‘Larpeiros’ por un video de como cocer a centola”

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Hai uns días, a reposteira Merchi Rodal era entrevistada no xornal El Progreso de Lugo co gallo da presentación, na Feira do Libro, do seu As lambetadas de LARPEIROS.
Aquí podes ler a interesante conversa que mantivo co escritor e xornalista Santiago Jaureguizar.

Mai 24

Unha xoia para escoitar, para ler, para admirar…

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

A frase está tomada do post Trafegando Ronseis, no comentario que deitan sobre o novo traballo de Uxía, Rosalía Pequeniña.
Podes ler o entusiasta post, aquí.

Mai 24

Visolectura bolañesa

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

Así titulo o crítico literario Armando Requeixo no seu blogue o seu comentario arredor do libro de Montse Pena Presas e Gonzalo Enríquez Veloso, Un chapeu negro e un nariz de pallaso.
Podes lelo aquí.

Mai 21

ZigZag Diario: entrevista a Begoña Caamaño sobre os premios recibidos por “Morgana en Esmelle”

Autor: administrador | | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Onte, a escritora e xornalista María Solar entrevistou a Begoña Caamaño no Zigzag Diario da TVG, co gallo dos catro premios recibidos en a penas un mes a súa novela Morgana en Esmelle.

Mai 21

‘Rosalía pequeniña’ no blogue INNOVARTE EDUCACIÓN INFANTIL

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

As amigas do blogue INNOVARTE EDUCACIÓN INFANTIL, sempre atentas ás nosas novidades, publican un traballo arredor do novo libro-disco de Uxía, Rosalía Pequeniña que podes ler aquí.

Mai 21

Mirando baixo o chapeau de Vidal Bolaño

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

No seu blogue Novenoites, o crítico literario Francisco Martínez Bouzas escribe unha interesante reseña arredor do libro de Montse Pena Presas e Gonzalo Enríquez Veloso, Un chapeu negro e un nariz de pallaso.
Podes lela aquí.

Mai 14

ZigZag Diario: Montse Pena, “Un chapeu negro e un nariz de pallaso”

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Onte, a xornalista e escritora María Solar entrevistou a Montse Pena Presas, no Zigzag Diario da TVG, co gallo da saída do seu Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño.

Mai 10

O outro lado do fútbol

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

O crítico literario Mario Regueira, asina hoxe en Sermos Galiza, unha interesante crítica arredor do libro que vimos de publicar na nosa colección Árbore 10 anos, Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pingüilly, en tradución do francés de María González González.
Podes ler a crítica completa premendo sobre a imaxe para ampliala.

Mai 10

O peizoque no Cruz do Sar

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

A escritora Dores Tembrás relata no seu blogue a súa visita, hai uns días, á escola da súa infancia, onde mantivo un encontro cos rapaces e rapazas arredor do seu libro, O peizoque Roque.
Podedes ler a crónica completa aquí.

Mai 9

UNHA VISITA MOI ESPECIAL AO COLEXIO A MAÍA DE BERTAMIRÁNS

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Revista de prensa | Deixa un comentario

Así titula o ilustrador Xosé Tomás a crónica, no seu blogue, da visita que na compaña da escritora Dores Tembrás fixeron ao Colexio A Maía de Bertamiráns para ter un encontro coa cativada arredor do libro de ambos os dous, O peizoque Roque.
Podes acceder á crónica completa, con moitas fotos, aquí.

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios