O Blog de Editorial Galaxia

Exposicións

Abr 29

Presentación de ‘Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño’ en Santiago

Autor: administrador | | Categorías: Exposicións, Revista de prensa | Deixa un comentario

Mércores ás 20 horas dentro dos actos da Feira do Libro

Este mércores, ás 20 horas, presentaremos, dentro dos actos da Feira do Libro de Santiago, o libro de Montse Pena Presas, que inclúe un DVD de Gonzalo Enríquez Veloso, ‘Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto [...]

Abr 29

‘Fermín Penzol: unha obra para un país’ ÁLBUM DE FOTOS 1

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Exposicións | Deixa un comentario

Durante os vindeiros días iremos ofrecendo distintas Galerías Fotográficas arredor da mostra, inaugurada o pasado venres en Vigo, ‘Fermín Penzol: unha obra para un país’.
Podes premer sobre as imaxes para ver algunhas das xoias bibliográficas expostas, partes da exposición e tamén algún intre do día da inauguración da que xa informamos aquí.

Abr 28

Inaugurouse a mostra que conmemora o 50 aniversario da Fundación Penzol

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Exposicións | Deixa un comentario

A mostra lembra a traxectoria do insigne galeguista vigués e da Fundación que leva o seu nome

O pasado venres inaugurouse na Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura de Vigo, a mostra ‘Fermín Penzol. Unha obra para un país’, que é posible grazas a colaboración entre a Xunta de Galicia, o Concello de [...]

Abr 25

‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun Neno Labrego’ chegou a Rois

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Exposicións | Deixa un comentario

Na apertura da mostra participaron o secretario xeral, Valentín García Gómez, e mais o rexedor da localidade, Ramón Tojo Lens, acompañados por Neira Vilas.
Encontro de Neira Vilas con escolares
O auditorio do Edificio Multiúsos acolleu, logo do percorrido inaugural da mostra, un coloquio do escritor con alumnado do segundo ciclo de [...]

Abr 12

O libro ‘Cociñando ao pé da letra’ chega a Bucarest

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Exposicións | Deixa un comentario

Onte inaugurouse unha mostra fotográfica cos traballos deste libro coordinado por Yolanda Castaño no Cervantes da capital de Romanía

Cando no seu día publicamos ‘Cociñando ao pé da letra‘, volume que nos ofrece un curioso diálogo entre literatura e cociña ao poñer a 21 escritores e escritoras a cociñar, e a contárnolo de maneira literaria, xa [...]

Abr 10

A mostra ‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego’ chega a Palas de Rei

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Animación á lectura, Exposicións | Deixa un comentario

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou onte na Casa do Concello de Palas de Rei a mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”. A exposición chega á localidade luguesa no marco da itinerancia que está a ter nos concellos [...]

Xan 18

A mostra do medio século de Balbino chega a Dubra

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Exposicións | Deixa un comentario

Pode visitarse ata o 22 no centro de formación

O auditorio municipal de Val do Dubra acolleu hai uns días a inauguración da mostra Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun labrego, que se poderá visitar ata o vindeiro 22 de xaneiro no centro de formación en Bembibre, de luns a venres de 17.00 a [...]

Nov 30

Os tempos sen neveira de Simbad

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Animación á lectura, Exposicións | Deixa un comentario

Así titula hoxe Faro de Vigo a reportaxe sobre o encontro que onte mantivo César Cunqueiro, fillo de Álvaro Cunqueiro, cun mollo importante de escolares vigueses no marco dun encontro promovido pola nosa editorial arredor da exposición conmemorativa do centenario de Cunqueiro, No niño novo do vento que permanece aberta na Casa Galega da Cultura [...]

Nov 28

Vigo acolle a exposición ‘No niño novo do vento’

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Exposicións | Deixa un comentario

Conmemoramos o centenario de Álvaro Cunqueiro

O pasado venres, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, o director xeral de Galaxia e comisario da exposición, Víctor F. Freixanes, o vicepresidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta e o segundo tenente de alcalde de Vigo, Carlos López Font, inauguraron na Casa Galega da Cultura de [...]

Out 28

Inauguración en Ferrol da exposición NO NIÑO NOVO DO VENTO

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Exposicións | Deixa un comentario

 
Hoxe, ás 12:30 h, no Centro Cultural Carvalho Calero

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Editorial Galaxia e Fundación Penzol, coa colaboración do Concello de Ferrol, presentan esta exposición conmemorativa do centenario de Álvaro Cunqueiro.
A mostra, comisariada por María García Liñeira e Víctor F. Freixanes, está composta por 16 paneis nos que se fai [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios