O Blog de Editorial Galaxia

Novidades

Xun 19

Making Off de ‘Bícame Frank’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Animación á lectura, Novidades | Deixa un comentario

Cando xa resta moi pouco para a saída da nova novela de Miguel Anxo Fernández protagonizada por Frank Soutelo, o autor ofrécenos o making off da novela

Onte martes, o escritor Miguel Anxo Fernández comezaba a escrita, no seu blogue, do making off da súa nova novela, ‘Bícame Frank’ que está xa a piques de sair [...]

Xun 18

Presentación de ‘As lambetadas de Larpeiros’ de Merchi Rodal en Bueu

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

O vindeiro xoves ás 20.30 no Restaurante Casa Quintela

Este xoves asistiremos á presentación do libro “As lambetadas de Larpeiros“, de Merchi Rodal, no Restaurante Casa Quintela de Bueu (Rúa Eduardo Vincenti, 24).
Acompañarán á autora o cociñeiro Benigno Campos, Xosé Cermeño, director do programa LARPEIROS e o editor Francisco Castro.
Non vai ser unha presentación ao uso, [...]

Xun 14

‘Ilustrísima’ de Carlos Casares. Máis lectores e lectoras. Novas edicións

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Unha das obras máis populares de Casares, coñece unha nova edición

‘Ilustrísima‘ saiu do prelo no ano 1980. Dende entón, convertiuse nunha das obras máis queridas polos lectores e lectoras de Carlos Casares. E dende aquela, as reedicións foron unha constante neste libro que se vende ano tras ano e que, co paso do tempo, gaña [...]

Xun 10

Nova edición para ‘Hora zulú’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

A novela de Santiago Lopo consigue un gran éxito de público en pouco tempo

Estes días está a chega ás librerías de todo o país unha nova edición da novela gañadora do premio de novela Manuel García Barros deste ano pasado, ‘Hora zulú‘ de Santiago Lopo. Se xa namorara á crítica e ao [...]

Xun 8

Presentouse en Santiago ‘A cociña dos Cunqueiro’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades, Xeral | Deixa un comentario

Amigos e xornalistas degustaron algúns dos pratos do libro de Elvira González-Seco Seoane

O pasado venres, os amigos do Restaurante Acio de Santiago, sito na rúa Galeras, acolléronos para a presentación, diante dos medios de comunicación e algúns amigos e amigas que quixeron compartir o evento con nós, o libro ‘A cociña [...]

Xun 7

Presentación de ‘A máscara de Ulises’ de Xosé Carlos Caneiro en Ourense

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Sábado ás 20 horas na Feira do libro

Este sábado, o escritor de Verín, Xosé Carlos Caneiro, na compaña do director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes, presentará o seu novo libro, compendio de moitos dos seus relatos ao longo de varias décadas, ‘A máscara de Ulises‘, un volume co que o autor, ao [...]

Xun 7

Merchi Rodal presentou en Cangas ‘As lambetadas de LARPEIROS’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

A reposteira Merchi Rodal convocou, en Rodeiramar, a un grupo moi importante de amigos e amigas, membros do equipo do programa, e, en definitiva, a moitas persoas que tiveron que ver co feito de que este libro de lambetadas xa estea na rúa, o pasado mércores.

Unha festa na que non faltou a oportunidade de saborear [...]

Xun 4

Cartas e lembranzas

Autor: administrador | | Tags: , , , | Categorías: Fdez. del Riego Blog, Novidades | Deixa un comentario

Editorial Galaxia publica o Epistolario de Xosé Neira Vilas con Francisco Fernández del Riego

Estes días chega ás librerías de todo o país un novo libro de Xosé Neira Vilas: ‘Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego‘.
Neste libro, o autor de Memorias dun neno labrego reúne un mangado de lembranzas sobre o seu amigo, [...]

Mai 31

Presentado o segundo volume da antoloxía en galego e inglés da literatura galega

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Setenta textos doutros tantos escritores galegos contemporáneos conforman a obra, dirixida polo editor e tradutor Jonathan Dunne

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Editorial Galaxia e Edicións Xerais de Galicia presentaron onte o segundo volume da antoloxía bilingüe galego-inglés da literatura galega. Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1981-2011 é [...]

Mai 30

Presentouse ‘As lambetadas de LARPEIROS’

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Novidades | Deixa un comentario

Onte na Casa do Libro de Vigo

Onte foi unha xornada moi dóce na Casa do Libro de Vigo pois presentamos ‘As lambetadas de LARPEIROS‘, o libro máis dóce do popular programa da Televisión de Galicia e da autoría de Merchi Rodal.
No acto estiveron presentes, ademais da autora, o cociñeiro Benigno Campos, o director do programa, [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios