O Blog de Editorial Galaxia

Librerías

Nov 13

María Fumaça: a teteira que viaxa polo mundo

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Librerías | Deixa un comentario

María Fumaça é o nome que recibe un tren que viaxa polo interior do Brasil. E esa foi a imaxe escollida polos músicos e artistas que botaron a andar este libro-disco-dvd que tanto está a chamar a atención.
Incluso, como queda claro na foto, aos libreiros, que se esforzan por deseñar un escaparate á altura da [...]

Xun 8

As librerías: moito máis que tendas

Autor: administrador | | Categorías: Librerías | Deixa un comentario

No peche da histórica Michelena de Pontevedra

Con verdadeira consternación recibimos a nova do peche da histórica librería pontevedresa Michelena. Probablemente, unha das librerías de fondo máis importantes do país que, coa súa desaparición nos deixa a todos, vivamos ou non na cidade do Teucro, un chisco orfos de palabras e de libros.
O peche dunha librería [...]

Mar 12

Luís Pimentel volveu a Lugo

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Librerías | Deixa un comentario

Éxito na presentación da súa ‘Obra Completa’

Onte xoves, as instalacións da Galería Sargadelos de Lugo quedaron pequenas para acoller a tanta xente como acodíu á presentación da ‘Obra Completa’ de Luís Pimentel.

Nunha sala ateigada, Benxamín Casal, vicepresidente de Galaxia, e Araceli Herrero, editora da obra, sentou tamén na mesa Fuco Basanta, bisneto do poeta, quen, [...]

Feb 9

‘Jan estivo alí’ na Casa do Libro de Vigo

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Librerías | Deixa un comentario

Así de fermoso é o espazo que prepararon, dende a Casa do Libro de Vigo para a nova historia de Xosé A. Neira Cruz, Jan estivo alí, co que inauguramos a colección Árbore Arte.
Nunca cansaremos de agradecer aos libreiros o labor esencial que cumpren na promoción e defensa dos nosos produtos culturais.
Parabéns e moitas grazas!

Set 24

Sinatura de Benigno Campos en Lugo

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Librerías | Deixa un comentario

Esta tarde, a partir das 19.00 h, Benigno Campos estará na librería Souto de Lugo (Praza de España, 14) asinando exemplares do seu libro de receitas A cociña de Larpeiros.

Set 23

O curruncho galego

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Librerías | Deixa un comentario

Un anaco da nosa literatura en América

Dende as terras afastadas do Uruguai, o libreiro Manuel Losa, autor de Catro historias de emigrantes, fainos chegar unhas fotos do que el chama ‘O curruncho galego’, ou o que é o mesmo, un espazo, na súa librería, dedicado á literatura galega.

A estas alturas da historia xa non é [...]

Set 3

NACE UNHA NOVA LIBRERÍA EN VIGO

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Librerías | Deixa un comentario

O nacemento dunha nova librería é sempre un grande acontecemento que cómpre bendicir. Tal é o caso da librería Ler, que hoxe abre unha nova tenda na cidade de Vigo, na rúa Gran Vía 82.
Os actos de inauguración darán comezo ás 18.30 cunha sesión de contacontos para os pequechos da casa e, ás 20 horas, [...]

Xull 15

LARPEIROS NOS ESCAPARATES GALEGOS

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Librerías | Deixa un comentario

Onte xa faciamos mención ao ben que están a traballar as librerías nos seus escaparates co gallo da saída do libro de receitas de Benigno Campos, A cociña de larpeiros. Hoxe, achegamos unhas cantas fotos máis.
Así o ve Couceiro

A librería Encontros

Follas Novas

e a libería San Pablo

Moitas grazas a todas elas!

Mai 21

RAMÓN PIÑEIRO NA SARGADELOS DE LUGO

Autor: administrador | | Categorías: Librerías | Deixa un comentario

Coma onte fixemos por outro motivo, seguimos celebrando a imaxinación e dedicación das librerías á hora de promocionar e apoiar a cultura galega.
Nesta ocasión, a foto recolle o bo traballo feito no escaparate pola Galería Sargadelos de Lugo arredor da figura de Ramón Piñeiro.
Parabéns.

Mai 20

UNHA LIBRERÍA CHEA DE PETOS

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Librerías | Deixa un comentario

Os asiduos deste noso blog ben saben que gustamos de divulgar as fotos desas librerías que traballan con paixón e con imaxinación á hora de amosar os libros.
Dende Ponteareas chéganos esta imaxe do escaparate da librería La Vara quen, coincidindo coa presentación o pasado venres de O peto da risa de Eva Lozano Carpente, preparou [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios