O Blog de Editorial Galaxia

Críticas literarias

Mai 21

‘Rosalía pequeniña’ no blogue INNOVARTE EDUCACIÓN INFANTIL

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

As amigas do blogue INNOVARTE EDUCACIÓN INFANTIL, sempre atentas ás nosas novidades, publican un traballo arredor do novo libro-disco de Uxía, Rosalía Pequeniña que podes ler aquí.

Mai 21

Mirando baixo o chapeau de Vidal Bolaño

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

No seu blogue Novenoites, o crítico literario Francisco Martínez Bouzas escribe unha interesante reseña arredor do libro de Montse Pena Presas e Gonzalo Enríquez Veloso, Un chapeu negro e un nariz de pallaso.
Podes lela aquí.

Mai 10

O outro lado do fútbol

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

O crítico literario Mario Regueira, asina hoxe en Sermos Galiza, unha interesante crítica arredor do libro que vimos de publicar na nosa colección Árbore 10 anos, Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pingüilly, en tradución do francés de María González González.
Podes ler a crítica completa premendo sobre a imaxe para ampliala.

Mai 2

Trópico de Cáncer, de Henry Miller no blogue ‘As vidas privadas de V. do Rexo’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

No blogue As vidas privadas de V. do Rexo, atopamos un intersante comentario arredor do libro publicado pola nosa editorial hai uns anos, Trópico de Cáncer de Henry Miller.
Podes ler o comentario aquí.

Abr 30

‘Circe ou o pracer do azul’, de Begoña Caamaño no blogue ‘As vidas privadas de V. do Rexo’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

‘As vidas privadas de V. de Rexo’ é un blogue que está a coller moito pulo dende o intre do seu nacemento. E nel atopamos unha reseña arredor da primeira novela de Begoña Caamaño na nosa editorial, Circe ou o pracer do azul.
Podes lela aquí.
Seguiremos con atención este interesante blogue literario.

Abr 30

Cociñar con algas e riqueza material

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

O escritor Carlos Arias publicou hai uns días un artigo de Opinión en Sermos Galiza no que reflexiona sobre o libro de Eva Crespo Vázquez, Cociñar con algas recentemente publicado pola nosa editorial.
Podes lelo aquí.

Abr 30

Como se fose un dietario

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

O crítico literario Vicente Araguas asinou o pasado domingo un texto no suplemento Nordesías, do Diario de Ferrol, arredor do libro de Xavier Rodríguez Baixeras, Brasil no centro.
Para ler o traballo preme sobre a imaxe.

Abr 29

Xeórxicas do pan de Ramón Otero Pedrayo no blogue ‘Bouvard e Pécuchet’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

Hai uns días, o crítico literario Manuel Rodríguez Alonso publicou un interesante traballo arredor do libro de Ramón Otero Pedrayo, ‘Xeórxicas do pan‘ que publicamos en edición de Silvia Penas.
Podes ler o seu traballo, aquí.

Abr 22

Carlos Casares e Otero Pedrayo, no blogue de Ramón Nicolás

Autor: administrador | | Tags: , , , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

O pasado sábado, o crítico literario Ramón Nicolás publicou no Culturas de La Voz de Galicia, un traballo crítico arredor dos libros de Rafael Laso Lorenzo, Carlos Casares, o amigo das palabras e do poema Xeórxicas do pan de Ramón Otero Pedrayo.

Podes ler o traballo dende o seu blogue, aquí.

Abr 16

O ‘Bela e Besta’ anovado

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Críticas literarias | Deixa un comentario

En El Correo Gallego do pasado día 11, atopamos un texto asinado por Carmen Ferreira Boo arredor do noso audioconto, Bela e besta de Charles Perrault, que publicamos en adaptación de Xavier Senín.
Podes velo aquí.

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios