O Blog de Editorial Galaxia

Carlos Casares Blog

Nov 23

Lembranza de Casares na Penzol

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Carlos Casares Blog | Deixa un comentario

Organizado pola Fundación Carlos Casares e a Fundación Penzol, onte tivo lugar na Casa Galega da Cultura de Vigo un acto de homenaxe e lembranza do escritor Carlos Casares, de quen se cumpren neste 2012 dez anos do seu pasamento.
O mesmo contou coa presenza do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García. Nel unha parte [...]

Nov 22

Na lembranza de Xoán González Millán (por Dolores Vilavedra)

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Carlos Casares Blog, Xeral | Deixa un comentario

Hai hoxe dez anos falecía en New York, víctima dun accidente de tráfico, Xoán González-Millán. O 2002 foi un ano duro: recén encetado perdíamos Carlos e, cando case lle puñamos cabo, veu mancarnos esoutro pasamento inesperado. Os caminos vitais de Xan e Carlos cadraron moito máis do que a simple vista poida parecer, e por [...]

Nov 12

DEZ VERAOS (por Bieito Iglesias)

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Carlos Casares Blog | Deixa un comentario

(A saudade de termos vivido)

Con motivo dun convite a palestrar no Consello da Cultura Galega no décimo ano sen Carlos Casares e de par de Víctor Freixanes e Antón Baamonde, ofrecéuseme a oportunidade de reler tantiños libros do autor ourensao, volumes que rillei como se fosen libras de chocolate marca Chaparro ou Los Remedios. [...]

Out 29

Casares na memoria lectora. De círculos e sedimentos (por Alba Cid)

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Carlos Casares Blog | Deixa un comentario

“Ergueuse moi cedo. Marchou correndo ó campo da feira.
No sitio do circo só quedaba un redondel.”
Carlos Casares, Vento ferido

Nunca puiden pensar na narrativa de Carlos Casares sen traer á memoria o delineado daquela circunferencia na terra. Cando o protagonista de “A rapaza do circo”, en pleno namoro cunha pequena titiriteira francesa, volve ao lugar [...]

Out 15

Carlos o contador de historias: un polbo xigante (por Marilar Aleixandre)

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Carlos Casares Blog | Deixa un comentario

Había moitos Carlos, o novelista que armaba con precisión de reloxeiro obras como Deus sentado nun sillón azul (1996), talvez a novela de arquitectura máis impecable das últimas décadas, o editor visionario, o columnista, o adiantado nos chintófanos tecnolóxicos (a primeira persoa que eu vin usar un lector electrónico). Porén, o máis seductor era o [...]

Set 28

Cando Carlos Casares comezaba a contar (por Jon Kortazar)

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Carlos Casares Blog | Deixa un comentario

Cando Carlos Casares comezaba a contar, unha expectación contida nacía na sala, o silencio dos oíntes axudaba a palabra creadora. Coñecín a Carlos nuns encontros en Benidorm, e hai tanto tempo que esquecín a data e coñecino así, contando, fabulando historias para nós que o oímos entre a risa que producían as súas historias e [...]

Set 21

Interrogar a Casares

Autor: administrador2 | | Tags: | Categorías: Carlos Casares Blog | Deixa un comentario

 
Así titulan nas páxinas de ‘Luces’ de El País un artigo de Iago Martínez sobre o achegamento á figura e a obra de Carlos Casares dez anos despois do seu pasamento.
Velaquí o podedes ler.

Set 17

Carlos Casares e O Principiño (por María López Sández)

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Carlos Casares Blog | Deixa un comentario

Moito se ten dito xa sobre o papel das traducións dentro dos sistemas literarios e moi particularmente no caso dos sistemas literarios minorizados e en fase de normalización, como ocorre co galego. A tradución serve, nestes ámbitos, como elemento lexitimador e funciona como canle de entrada e enriquecemento do repertorio temático, de afinamento da lingua [...]

Set 6

Falábase de Carlos

Autor: Vicente Araguas | | Categorías: Artigos de autor, Carlos Casares Blog | Deixa un comentario

Quero dicir nos días aqueles do 68, cando eu bulía nun Santiago rebentón como un caravel de caraveles. Falabase de Carlos, digo, como un escritor cheo de futuro, tamén dun ensinante desterrado lonxe de Galicia. Falabamos de Carlos, líamos tamén Vento ferido, con luvas realistas para agachar os sabañóns nas mans de aquelas noites húmidas. [...]

Set 6

Ángel Basanta: «A Casares pásalle o que lle pasou no seu día a Cunqueiro»

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Carlos Casares Blog, Revista de prensa | Deixa un comentario

Ángel Basanta abriu onte o curso da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) sobre Carlos Casares. La Voz de Galicia entrevistao na edición de hoxe.
Podes lelo aquí.

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios