O Blog de Editorial Galaxia

Obradoiros Literarios

Out 26

Aprendendo a rapear con Aid

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Obradoiros Literarios | 1 Comentario

A autora de ‘Rapoemas’ impartirá obradoiros para escolares en Vigo e Pontevedra
Antes do verán presentamos ‘Rapoemas’, un libro-disco comandado pola rapeira viguesa Aid que se atreveu a musicar, coa modernidade por bandeira, aos grandes clásicos da nosa literatura.
O seu éxito está sendo tal que, da man de Galaxia, van dar comezo unha serie de obradoiros, [...]

Feb 3

Nós, tamén escritoras

Autor: administrador2 | | Tags: , | Categorías: Obradoiros Literarios | Deixa un comentario

A concellería de Igualdade de Vigo e Galaxia comezan un obradoiro literario
A concelleira de Igualdade e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou este mércores o obradoiro literario “Nós tamén escritoras”, que impartirá o escritor Francisco Castro grazas á colaboración con Editorial Galaxia. O obradoiro está dirixido á mulleres empadroadas en Vigo con idades comprendidas entre os [...]

Mar 12

NÓS TAMÉN ESCRITORAS

Autor: administrador | | Categorías: Obradoiros Literarios, Álbum de fotos | Deixa un comentario

Onte rematou o Obradorio en Celanova dentro do programa Nós tamén escritoras que están a realizar conxuntamente a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia.
Xa que logo, hoxe é un bo momento para dar a coñecer as fotos dalgunhas das sesións que celebramos n’A Mezquita o mes pasado.

Feb 26

REMATOU O OBRADOIRO NA MEZQUITA

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Obradoiros Literarios | Deixa un comentario

Onte celebrouse a derradeira sesión, na Mezquita ( Ourense ) do Obradoiro Nós tamén escritoras que naceu da colaboración entre a Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Igualdade de Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
Desta vez non recibiu ás musas o temporal de neve da primeira sesión. Como se o tempo quixese poñerllo doado á [...]

Feb 19

REMATOU O OBRADOIRO LITERARIO EN VILARDEVÓS

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Obradoiros Literarios | Deixa un comentario

Foi onte cando rematamos o Obradoiro Literario do ciclo Nós tamén escritoras en Vilardevós que a Editorial Galaxia imparte en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e que dirixiu o escritor Francisco Castro. Estaba previso que fora hai tempo, pero o temporal de neve - algo moi literario en si mesmo - impedírao.
Onte foi a [...]

Feb 3

“NÓS TAMÉN ESCRITORAS” EN A MEZQUITA

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Obradoiros Literarios | Deixa un comentario

Hoxe, o programa de Obradoiros Literarios posto en marcha pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Editorial Galaxia, Nós tamén escritoras chega á Mezquita.
Como a semana pasada en Vilardevós de certo que as musas se farán presentes para darnos boa literatura e moita inspiración.

Xan 29

En foco

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Obradoiros Literarios, Revista de prensa | Deixa un comentario

Na web da Secretaría Xeral de Igualdade fanse eco do comezo do programa de Obradoiros Literarios Nós, tamén escritoras que principiou a súa andaina o pasado martes en Vilardevós.
Podedes ler máis aquí.

Xan 28

COMEZOU O OBRADOIRO LITERARIO EN VILARDEVÓS

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Obradoiros Literarios | Deixa un comentario

Onte, protexidos pola néboa, comezou a primeira sesión do Obradoiro Literario, Nós, tamén escritoras que nace da colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Editorial Galaxia.
As musas abeizoaron o talento das mulleres de Vilardevós.

Xan 27

“NÓS, TAMÉN ESCRITORAS” EN VILARDEVÓS

Autor: administrador | | Categorías: Obradoiros Literarios | Deixa un comentario

O outro día non puido ser polo temporal de neve.
Hoxe, en efecto, comezamos.

Xan 20

OBRADOIRO EN VILARDEVÓS

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Obradoiros Literarios | Deixa un comentario

Hoxe dá comezo en Vilardevós o programa Nós tamén escritoras que a Editorial Galaxia organiza en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e que foi presentado o pasado venres en Ourense.
O programa de obradoiros literarios está dedicado a mulleres do entorno rural galego, e desenvolverase en dúas sesións de dúas horas [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios