O Blog de Editorial Galaxia

Xeral

Xun 16

Cantaruxa coa bruxa Maruxa en Rianxo

Autor: administrador | | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

O martes 18, no auditorio en tres funcións ás 10, 11′15 e 12,30 horas

‘María Fumaça’ foi un dos grandes éxitos musicais do ano pasado. Poucos nenos e nenas de Galicia quedaron sen cantar e bailar con esta locomotora festeira. Agora, para seguir gozando, creamos un concerto en pequeno formato protagonizado pola Bruxa [...]

Xun 14

Del Riego “Voz de Liberdade”

Autor: Malores Villanueva | | Tags: , , , | Categorías: Fdez. del Riego Blog, Xeral | Deixa un comentario

O Centro PEN Galicia celebra este venres a VII edición do Acto Literario no que fai entrega do recoñecemento “Voz de Liberdade” e que este ano recae no escritor Salvador García Bodaño.
Francisco Fernández del Riego, co seu amigo Isaac Díaz Pardo, tal que aparecen na foto, fora tamén recoñecido coa Voz da Liberdade” no ano [...]

Xun 13

O blog de Galaxia nas probas de Selectividade

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Onte os alumnos e alumnas de segundo de Bacharelato tiveron a proba de galego dentro das de Selectividade. Nunha das opcións, o texto seleccionado pola Comisión Interuniversitaria para comentario, era este que no seu día publicamos neste blog, da autoría de Malores Villanueva.
Un texto fermoso que deita unha ollada esperanzada para o noso país, tamén, [...]

Xun 13

Rolda de vellos amigos (X)

Autor: Malores Villanueva | | Tags: , , | Categorías: Fdez. del Riego Blog, Xeral | Deixa un comentario

Hoxe, Lois Tobío Fernández, cumpriría 107 anos. Así lembraba Del Riego ó seu mestre, como un home comprometido no exercicio da docencia:
Desempeñaba a cátedra de Historia do Dereito que incluía no programa docente unha parte consagrada ó Dereito galego, que explicaba na lingua natal.
Da súa man entrou no Seminario de Estudos Galegos, da súa [...]

Xun 11

‘Rosalía pequeniña’ en Mos

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Xoves, 13 ás 18h no MULTIUSOS

Este xoves, e dentro dos actos programados dentro do programa Falaredes, da Sescretaria Xeral de Política Lingüística, celebrarase o espectáculo, en Mos, ‘Rosalía pequeniña‘ a cargo de Uxía. Na localidade mosense é festivo e o acto enmárcase dentro dos actos da Festa da Rosa.
‘Rosalía pequeniña’ é un [...]

Xun 8

Presentouse en Santiago ‘A cociña dos Cunqueiro’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Novidades, Xeral | Deixa un comentario

Amigos e xornalistas degustaron algúns dos pratos do libro de Elvira González-Seco Seoane

O pasado venres, os amigos do Restaurante Acio de Santiago, sito na rúa Galeras, acolléronos para a presentación, diante dos medios de comunicación e algúns amigos e amigas que quixeron compartir o evento con nós, o libro ‘A cociña [...]

Xun 6

Presentación e miniconcerto de ‘Rosalía pequeniña’ en Ourense

Autor: administrador | | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Venres ás 20 horas dentro dos actos da Feira do Libro

Este venres, e dentro dos actos programados pola nosa editorial na Feira do Libro de Ourense, celebraremos a presentación, cun miniconcerto, do libro-disco de Uxía, ‘Rosalía pequeniña’. A cantante estará acompañada de Sergio Tannus, autor dos arranxos dos temas do disco.
‘Rosalía pequeniña’ [...]

Xun 5

Visita de dous centros escolares á Casa Galega da Cultura

Autor: Malores Villanueva | | Tags: , , , , | Categorías: Fdez. del Riego Blog, Xeral | Deixa un comentario

Hai dúas semanas dous grupos de estudantes procedentes dos centros educativos Montemogos, de Bueu, e mais Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco, realizaron unha visita á Biblioteca e Colección de Arte de Francisco Fernández del Riego e mais á Penzol, sitas na Casa Galega da Cultura de Vigo.
A Fundación sempre agradece, e moito, as visitas [...]

Xun 3

Aid canta a Rosalía de Castro na inauguración do Congreso Ibercom 2013, en Santiago de Compostela

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Xeral | Deixa un comentario

Diante de case medio millar de congresistas, procedentes da Península Ibérica, Europa e sobre todo Iberoamérica, a nosa cantante Aid interpretou a Rosalía de Castro no acto de inauguración. Presentouna Margarita Ledo Andión, catedrática da USC, presidente de Ibercom en Galicia e principal responsable deste evento, que reúne bianualmente a especialistas da comunicación de masas [...]

Mai 31

Rolda de vellos amigos (IX)

Autor: Malores Villanueva | | Tags: , | Categorías: Fdez. del Riego Blog, Xeral | Deixa un comentario

Tal día como mañá, 1 de xuño de 1910, fillo de emigrantes galegos, nacía en Bos Aires Luís Seoane, un dos máis grandes dos nosos pintores. De neno viaxa e asenta en Galicia onde cursará, máis tarde, en Compostela a carreira de Dereito. Alí coincide con Del Riego con quen partillará militancia política e cultural. [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios