O Blog de Editorial Galaxia

Artigos de VÍCTOR F. FREIXANES

Xan 7

Cen anos con Fernández del Riego

Autor: Víctor F. Freixanes | | Categorías: Artigos de autor, Fdez. del Riego Blog | Deixa un comentario

Conmemoramos esta ano o cincuenta aniversario da primeira edición do Día das Letras Galegas, iniciativa feliz da Real Academia Galega que dende entón dedica o 17 de maio a unha figura sobranceira das nosas letras. A idea xurdiu de tres persoas, membros da devandita institución, relacionados coa Editorial Galaxia: Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo [...]

Abr 26

Deixounos don Xaime

Autor: Víctor F. Freixanes | | Categorías: Artigos de autor | Deixa un comentario

Non é doado resumir nunhas poucas liñas o sentimento que deixa en todos nós, homes e mulleres da Editorial Galaxia, o pasamento de Xaime Isla Couto, un dos nosos fundadores. Convivimos con el durante anos e durante anos sentimos arredor o seu pulo, o seu entusiasmo contaxioso, as súas ganas de vivir, esa capacidade de [...]

Xull 23

60 anos coa Editorial Galaxia

Autor: Víctor F. Freixanes | | Categorías: Artigos de autor | 1 Comentario

O 25 de xullo de 1950 reuníase nos baixos do Hotel Compostela a asamblea que había de constituir a Editorial Galaxia, daquela un núcleo de resistencia contra a ditadura, estratexia organizada para facer fronte a momentos moi difíciles para a nosa cultura, diezmada logo da guerra civil. Nas páxinas desta mesma Web (historia da editorial) [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios