O Blog de Editorial Galaxia

Artigos de Marica Campo

Feb 11

Un libro prohibido

Autor: Marica Campo | | Categorías: Artigos de autor | Deixa un comentario

Seguramente un dos mellores xeitos de animar á lectura é prohibir libros. Falo por experiencia. Na miña casa había unha boa biblioteca e lía todo o mundo, mesmo os que non o sabían facer. Porque nas longas tardes de verán, mentres se cosía ou se lle pasaba o ferro á roupa, meu pai ou unha [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios