O Blog de Editorial Galaxia

Artigos de Xabier López López

Mar 25

A autopsia de Napoleón

Autor: Xabier López López | | Categorías: Artigos de autor | Deixa un comentario

Disque cando lle foron facer a autopsia a Napoleón (que seica se tiña tanto ou máis valioso ca “un millón de homes”), os médicos que se dispuñan a manexar tesoiras e bisturís cabo do morto, quedaron certamente contrariados: o emperador dos franceses, rei de Italia, protector da Confederación do Rin, copríncipe de Andorra e mediador [...]

Mar 31

O PRACER DE SER MINORÍA

Autor: Xabier López López | | Categorías: Artigos de autor | Deixa un comentario

Non se trata de recrearse na derrota nin de engancharse á épica (lírica, ética, estética) do perdedor. Non vai de masoquismo, auto compaixón nin doutras leas de corte paradoxal que se nutren das zonas sombrías da alma. Non vai de resultados, puntuacións enfrontamentos, nin contendas. A minoría, vexámolo así, non se deriva necesariamente de procesos [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios