O Blog de Editorial Galaxia

Artigos de Antón Riveiro Coello

Mar 9

Dez anos sen Carlos

Autor: Antón Riveiro Coello | | Categorías: Artigos de autor | Deixa un comentario

Para un limiao coma min falar de Carlos é falar dun pai, dun mestre, dun amigo. Faise difícil pensar que xa pasasen dez anos da súa morte. E esta estrañeza ten que ver coa súa presenza constante nas nosas vidas. Carlos segue vivo e a súa sombra poderosa segue a planear sobre as pequenas cousas [...]

Feb 10

A historia privada

Autor: Antón Riveiro Coello | | Categorías: Artigos de autor | Deixa un comentario

Para Aristóteles o poeta expresa o universal da natureza humana e o historiador o particular e relativo. Non sempre é así, pero a historia pon o social por riba do individual e adoita reparar nos grupos humanos e nas súas estruturas. A literatura detense máis na vida privada do home, no fragmentario e anecdótico, que [...]

A opinión de

    Paulo Calvo

    21/05/13

    Paulo Calvo
    Rosalía

    Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man.

    Mais os seguintes chíos viraron cara a temas máis bucólicos… Como un rapaz coma min da Amaía non ía facer referencia ás paisaxes labradas polo río Sar das que tanto falou Rosalía? Ortoño, Bastabales, Padrón… Porque Rosalía tamén é paisaxe, choiva, ríos, silveiras, fontes e figueiriñas que eu (tamén) plantei…

    Finalmente, os meus últimos chíos – do cal saíu o gañador – xiraron ó redor de nós. Dos galegos. Da xente das aldeas e máis das vilas. Dos que quedaron e dos que tiveron que marchar lonxe da terriña deixando viúvas de vivos. E lembrei os contos de miña avoa querida. Lembrei a infancia. Lembrei a aldeíña, o monte, o arrecendo da herba…

    Lembrei todo aquilo que ben quixen un día…

    Lembrei a Rosalía.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Gracia Santorum

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios