Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade

A recuperación da lingua literaria


De esquerda á dereita: Domingo García-Sabell, Francisco Fernández del Riego, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole e Ramón Piñeiro nas montañas dos Ancares nos primeiros anos sesenta
 
A Editorial Galaxia créase en 1950. Os intelectuais galeguistas do interior, dirixidos por Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto, inician nesa data o proxecto máis ambicioso da segunda metade do século. A asemblea fundacional celébrase o 25 de xullo dese ano nos baixos do hotel Compostela, en Santiago, e a nova editorial instálase en Vigo cun compromiso claro: a recuperación do uso e prestixio cultural da lingua.

Non foi a única iniciativa, aínda que si a de maior continuidade. Polas mesmas datas fundárase a editorial Bibliófilos Gallegos, e pouco despois, Monterrey, Castrelos (1963), Ediciós do Castro (1963), Xistral (1968)... A partir daquela data, principalmente na década dos anos 60, a produción en lingua galega volve recuperar a iniciativa na terra. Unha nova xeración de autores, a chamada Nova Narrativa (Rodríguez Mourullo, Méndez Ferrín, Carlos Casares, Lois Diéguez, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán), inicia una nova singradura, con referentes valiosos na xeración anterior: Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor e Ánxel Fole.

No ensaio destacan García-Sabell, Ramón Piñeiro, Fernández del Riego, Rof Carballo, Celestino Fernández de la Vega, e na década seguinte consolídanse novos xéneros: a economía, a sociolingüística, a socioloxía... No teatro, Mariñas del Valle publica en 1965 A revolta, e na poesía xorden tamén novos autores: Celso Emilio Ferreiro, Xohana Torres, Antón Tovar, Salvador García Bodaño, Arcadio-López Casanova, Bernardino Graña, Avilés de Taramancos, Uxío Novoneyra, Manuel Cuña Novás...
Galicia
O galego. Lingua propia de Galicia
O galego-portugués
As institucións da lingua galega
 
Os séculos medievais
Os Séculos Escuros
O Rexurdimento
Das Irmandades da Fala á Xeración Nós
A Guerra Civil e o exilio
A recuperación da lingua literaria
As xeracións da democracia

EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal